CARRAL ORGANIZA OUTRA EDICIÓN DE ‘PAPEQUES’ E OFRECE 7 FUNCIÓNS DE TEATRO, CINE, CONTACONTOS E MAXIA PARA A RAPAZADA 

Carral ofrecerá, ao longo do mes de decembro, unha nova edición do seu programa de espectáculos infantís ‘Papeques’, dirixido aos nenos e nenas do municipio durante este Nadal. 

A programación arrincará o vindeiro 5 de decembro, e prolongarase ata o 20 de decembro. Ao longo das vindeiras semanas, os pequenos e pequenas poderán gozar de funcións de teatro, contacontos, cine e maxia.

A primeira actividade terá lugar o xoves, 5 de decembro ás 18.00 horas, no edificio Toñito Espiñeira. A compañía Pérez&Fernández tráenos o ‘Rosa e Azul’, un contacontos dirixido ao público familiar que quere gozar das novas narrativas da literatura infantil. 

O programa continuará o sábado, 7 de decembro ás 18:00 horas, no edificio Toñito Espiñeira con “CABICIVAI” de Pablísimo. O xoves 12 de decembro, ás 19.00 horas, terá lugar a proxección da película “La Navidad en sus manos” na Casa da Cultura. 

A primeira función teatral terá lugar o venres 13 de decembro, ás 19:00 horas, no local Xente Nova de Tabeaio. A interpretación correrá a cargo da Asociación Teatral Paso de Valverde con “Os Contos Clásicos de Tía Carolina”. Un día despois, a agrupación Pedras de Cartón realizará a función ‘Contos de William Shakespeare’, o sábado 14 de decembro, ás 18.00 horas, no edificio Toñito Espiñeira.  

O calendario continuará coa obra ‘O que non sabías do Nadal’, da compañía Trinketrinke Teatro, que terá lugar o xoves, 19 de decembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura. Para esta función será preciso reservar praza chamando ao 981 672 580.

Este ciclo pecharase coa ‘Gala de Maxia’ de Dani García. Será o venres, 20 de decembro ás 19:30 horas no local Xente Nova de Tabeaio.  

Todas as actividades, agás a do 19 de decembro, serán de libre acceso ata completar aforo e desde o Concello prégase puntualidade para non interrumpir o desenvolvemente dos espectáculos. 

‘Papeques’ conta coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da súa Rede Cultural, e co apoio do Instituto para a Transición Justa e a Fundación Ciudad de la Energía (CIUDEN) a través do programa Dinamiz-artj.