A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas busca unha persoa representante xuvenil
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas abre a convocatoria para seleccionar unha persoa representante xuvenil da entidade, co obxectivo de dar voz á mocidade do territorio nas redes xuvenís do Programa MaB da UNESCO e na Rede Española de Reservas de Biosfera.
A convocatoria está dirixida a persoas de entre 18 e 35 anos interesadas en participar activamente na representación da mocidade e na promoción dos valores da Reserva de Biosfera. O mandato terá unha duración de catro anos e contará cunha persoa suplente e co apoio do Grupo Mozo da Reserva.
O proceso de selección será aberto e baseado nos méritos das persoas candidatas. O prazo para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 2 de novembro de 2026.
As persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria, os anexos e toda a información necesaria na páxina web da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas: https://www.marinasbetanzos.gal/linas-de-traballo/xuventude/
A documentación que se debe presentar figura no cartel da convocatoria. As candidaturas deberán enviarse en formato PDF ao correo electrónico info@marinasbetanzos.gal, indicando no asunto: “Candidatura Representante Xuvenil RB 2026”.
Para resolver dúbidas ou solicitar máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 981 669 541.





