A RUTA ‘ENTRE MIGAS E TOSTAS’ CONTARÁ CON 13 LOCAIS PARTICIPANTES E CO PAN DE CARRAL COMO FÍO CONDUTOR
A primeira ruta Entre migas e tostas cultivou un grande interese entre o tecido hostaleiro do municipio. Tanto, que a edición inaugural da actividade contará coa participación de 13 establecementos de todo o municipio que ofrecerán, o 6 e 7 de xuño, as súas mellores elaboracións a base de pan de Carral.
A concelleira de Comercio, Isabel López, agradece a implicación dos negocios participantes, “sobre todo, tendo en conta que para eles vai supor un esforzo adicional”. A edil confía en que a iniciativa atraia ao público e contribúa a “continuar impulsando a rede hostaleira local e, por suposto, o pan de Carral”. Ademais, López anima a veciños, veciñas e visitantes a se achegaren a Carral para degustar estas deliciosas tostas, destacando que “en Carral temos calidade de primeira”.
No primeiro Entre migas e tostas participarán os seguintes establecementos:
- Casa Roel, con ‘Tosta do meu país RD’ (domingo, de 18.00 a 22.00 horas).
- As Táboas con ‘Tosta a toda brasa’ (sábado, de 11.00 a 14.00 horas).
- Bar A Parola con ‘Tosta do paraíso’ (sábado, de 12.00 a 16.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas).
- Bar O Tropezón con ‘Cantábrica e mediterránea’ (ambos os días de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.00 horas).
- Terra e a súa ‘Tosta á italiana’ (ambos os días de 13.30 a 15.45 horas).
- Costa da Égoa, que ofrecerá a súa ‘Tosta de tartar de salmón’ (domingo, de 12.00 a 15.30 horas).
- Bar A Rotonda con ‘A tosta cremosa do porto’ (ambos os días de 11.00 a 15.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas).
- Café Bar O Piolindo con ‘Tosta carrillera’ (sábado, de 12.00 a 15.00 horas).
- Lume e Ferro con ‘Tosta Fume e Queixo’ (sábado, de 19.00 a 23.00 horas, e domingo, de 12.30 a 15.30 horas).
- Vinoteca Século XXI e o seu ‘Tosta dos avós’ (sábado, de 12.30 a 16.00 horas e de 20.30 a 23.30 horas, e domingo, de 12.30 a 15.00 horas).
- Lareiras e ‘Tosta do Norte’ (ambos os días de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 23.00 horas).
- Boca Grande con ‘A soleira’ (sábado, de 13.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.00 horas e domingo, de 13.00 a 15.00 horas).
- Casa Adolfo con ‘A tosta do piquillo’ (ambos de 12.00 a 15.00 horas).
As elaboracións poderán degustarse ao longo do fin de semans e n diferentes horarios fixados polos establecementos que poderán consultarse a través da páxina web municipal e das redes sociais do Concello. As persoas que acudan aos diferentes puntos do roteiro poderán degustar as tostas por un prezo de 5 euros no que se inclúe, ademais, unha consumición.






