Apertura do prazo de solicitudes de atraccións e postos de venda da Festa do Pan 2026
Visto que se vai a celebrar a XXI edición da Festa do Pan durante os días 9 e 10 de maio de 2026.
Visto que é necesario o uso de dominio público para o exercicio da venda ambulante e para a realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Tendo en conta a Ordenanza reguladora da taxa por instalación de casetas de venda, espectáculos ou atraccións situados en terreos de uso público, así como industria da rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfica cuxo texto modificado por acordo do Pleno do Concello de Carral, foi publicado no BOP no19 do mércores 29 de xaneiro de 2025.
Tendo en conta as especialidades do evento organizado polo Concello de Carral
Vista a lexislación relativa á venda ambulante vixente de aplicación.
Vista a Lei 10/2017 de 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento, tendo en conta o contido do Decreto 226/2022 de 22 de decembro polo que se regulan determinados aspectos da organización e desenvolvemento dos espectáculos públicos e das actividades recreativas e se constitue o Rexistro de empresas e establecementos.
Vista a Ordenanza municipal reguladora dos procedementos de intervención administrativa nos actos do uso do solo e do subsolo e no exercicio de actividades de apertura de establecementos publicada no BOP no82 de 11/04/1997.
PRIMEIRO.- Abrir un prazo do 1 ao 27 de abril de 2026 para a presentación de solicitudes.
SEGUNDO.- Estas solicitudes se presentarán acompañadas das declaracións responsables que se adxuntan aprobadas mediante decreto n.o 186/2024 de data 16 de maio de 2024:
- Declaración responsable para a montaxe e posta en funcionamento de instalacións portátiles ou desmontables, atraccións itinerantes de feira, escena rios e carpas.
- Declaración responsable para a montaxe de posto de venda, casetas de feira, postos de comida e ”Foodtrucks”, quioscos ou pequenas carpas.
Publicados na https://sede.carral.es/sxc/gl/sobrelasede/impresos_generales/ e dispoñibles nas oficinas do Concello.
TERCEIRO.- Que polos departamentos administrativos tramitadores das solicitudes se teña en conta o criterio de data e número de rexistro de entrada para o reparto e para a colocación e ubicación dos postos e actividades na festa do pan tendo en conta os espacios dispoñibles marcados nos planos 1 e 2 que se adxuntan.
CUARTO.- Publicar este DECRETO no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na web municipal Carral, asinado dixitalmente na data que figura á marxe
Asdo.: María José Couto López
Técnico en Medio Ambiente





