Entries by prensa

INFORMACIÓN SOBRE AS RESTRICIÓNS PARA O COIDADO DA HORTA

O Concello de Carral informa sobre as restricións para o coidado da horta: As persoas propietarias de terreos, hortas ou viñedos para o autoconsumo poderán realizar desprazamentos imprescindibles para atender ás súas fincas dentro do mesmo termo municipal ao da residencia habitual. Se estes terreos se atopan noutro concello, o desprazamento debe ser autorizado baixo declaración responsable, sempre […]

AS EMPRESAS DE CARRAL SACAN O SEU LADO MÁIS SOLIDARIO DURANTE O CONFINAMENTO REALIZANDO NUMEROSAS DOAZÓNS AO CONCELLO

O confinamento está sacando o lado máis solidario dos veciños e veciñas e das empresas afincadas no municipio. Estes días, o Concello de Carral recibiu numerosas doazóns por parte das compañías carralesas e de particulares, que lles entregaron alimentos para a despensa municipal, produtos de limpeza e mesmo electrodomésticos. O goberno local agradécelle a todas […]

O CONCELLO DE CARRAL REPARTIU 4.329 MÁSCARAS ENTRE OS SEUS VECIÑOS

Dentro de todas as actuacións acometidas polo Concello de Carral para paliar e intentar frear a expansión da pandemia COVID-19, o goberno local promoveu o reparto de 4.329 máscaras entre os veciños e veciñas do municipio. Para poder facer este reparto, o Concello contou coa colaboración de: Xunta de Galicia: 1.050 máscaras cirúrxicas Deputación Provincial da […]

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL

As persoas beneficiarias das axudas dos Programas do Bono Alugueiro Social e do Bono Alugueiro para vítimas de violencia de xénero non teñen que realizar ningún pago no mes de abril ás persoas propietarias das vivendas. A Xunta de Galicia pagará, íntegramente, o importe da renda de alugueiro durante o mes de abril. En consecuencia, quedan eximidos […]

INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE MERCAPROXIMIDADE, A CANLE DE COMUNICACIÓN ENTRE PRODUTORES E COMPRADORES

Mercaproximidade é unha canle de comunicación entre produtores e compradores. Esta vía está dispoñible para os seguintes colectivos: produtores de froitas, verduras, mel, produtos apícolas, gandeiros de vacún, porcino, caprino e ovino e para as industrias transformadoras que obteñen unha porcentaxe dos seus ingresos superior ao 50% do sector da hostelería e dos mercados, cerrados actualmente. O único […]

AXUDAS DESTINADAS AO ALUGUER PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

O Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou, no DOG do mércores 8 de abril de 2020, a convocatoria de Axudas destinadas ao aluguer para vítimas de violencia de xénero. O prazo de solicitude comezará ao día seguinte da publicación desta resolución no DOG, e rematará o 11 de decembro ou ata o remate dos fondos. Máis información no […]

O ALCALDE, XUNTO CON OUTROS MEMBROS DO GRUPO DE GOBERNO, VISITAN ÁS PERSOAS MAIORES DO MUNICIPIO

O alcalde do Concello de Carral e membros do goberno local visitaron ás persoas maiores do municipio, un dos colectivos máis vulnerables fronte ao coronavirus. Con estas visitas buscouse cumprir varios obxectivos: comprobar como se atopan os veciños e veciñas máis maiores do municipio,  saber se precisaban algo e informarlles, persoalmente, do servizo de entrega […]