Entries by prensa

O CONCELLO DESTINARÁ 10.000 EUROS A AXUDAS PARA ESTUDANTES DE VARIOS NIVEIS

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou, nos últimos días, as bases reguladoras das axudas ao estudo do Concello de Carral. Por medio desta medida, o goberno local destinará 10.000 euros dirixidos a alumnos e alumnas de diferentes etapas educativas matriculados durante o curso 2019/2020. O obxectivo desta liña de axudas é colaborar coas familias […]

PRIMEIRO OBRADOIRO DO PROGRAMA EDUCANDO EN VALORES

O programa Educando en Valores leva 7 anos levándose a cabo no CEIP Vicente Otero Valcárcel e no IES de Carral. Trátase dunha iniciativa na que se traballan as competencias necesarias para desenvolver a intelixencia emocional das nenas e nenos, non só para poder obter un mellor rendemento académico, senón tamén para favorecer que o clima de convivencia […]

CARRAL ENXALZA A PRODUCIÓN AUDIOVISUAL CON SELO DA TERRA E PON EN MARCHA O SEU NOVO CICLO DE PELÍCULAS DOCUMENTAIS GALEGAS

Enxalzar, promover e dar a coñecer a extensa produción audiovisual de Galicia. Eses son os obxectivos que o Concello de Carral busca conseguir coa súa próxima proposta cultural: o Ciclo de Películas Documentais Galegas. Esta iniciativa busca, ademais, profundizar en diversos temas sociais, culturais, históricos e medioambientais de Galicia. Trátase da primeira edición deste programa, […]

FINALIZA A CAMPAÑA DE COMERCIO DO CONCELLO DE CARRAL 2019/2020

O Concello de Carral acaba de pór fin a unha nova edición da súa Campaña de Comercio. Desde a concellería de Comercio do Concello de Carral agradecen a gran participación na Campaña, tanto por parte dos establecementos participantes como por parte dos consumidores.   XXV Campaña de Comercio do Concello de Carral 2019/2020

O GOBERNO LOCAL SUPERVISA OS AVANCES DO PROXECTO DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DO CEIP VICENTE OTERO

Membros do equipo de goberno e a conselleira de Educación, Universidade e Formación, Carmen Pomar, acudiron hoxe ao CEIP Vicente Otero Valcárcel para supervisar o resultado das obras de rehabilitación que a Xunta de Galicia acometeu no centro nos últimos meses. Os traballos están practicamente rematados, e tiveron un custo duns 714.000 euros. O proxecto […]