,

Carral impulsa a integración das persoas maiores no mundo da tecnoloxía con cursos formativos de balde

O Concello de Carral organiza, de cara ao vindeiro mes de marzo, uns cursos formativos gratuitos de iniciación á tecnloxía para impulsar a integración das persoas maiores de 60 anos no mundo dixital.

Estes obradoiros municipais impartiranse entre o luns día 9 e o xoves, 12 de marzo, en horario de mañá, das 10.00 ás 13.00 horas.

A organización desta actividade nace baixo a premisa do Goberno municipal de brindar aos maiores a posibilidade de aprender a navegar por Internet de xeito útil, proveitoso e seguro, para involucralos así nesta sociedade tecnolóxica.

No que respecta as inscricións, estas poderán formalizarse ata o vindeiro mércores, 18 de febreiro, tanto de forma presencial na planta 2 do edificio Toñito Espiñeira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, como por teléfono no 981 61 35 20. As plazas son limitadas.