CARRAL SÚMASE Á CAMPAÑA LIBERDADE DE SER E SENTIR DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello de Carral súmase, un ano máis, á campaña Liberdade de Ser e Sentir da Deputación da Coruña. A iniciativa ponse en marcha co obxectivo de conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.