,

CARRAL SÚMASE Á NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA DO CONSORCIO AS MARIÑAS

O Concello de Carral e o Consorcio As Mariñas lanzan unha nova campaña de compostaxe doméstica dirixida a todas as veciñas e veciños do municipio. A campaña ofrece formación gratuíta en Carral, entrega de composteiro e material para comezar na casa, e seguimento ás familias que xa compostan. 
 
Para participar, anótate en http://consorcioam.rsu.gal/. O equipo da campaña chamarache para convocarte á sesión. As datas e o lugar en Carral anunciaranse nos próximos días. 
 
Cofinanciado pola Unión Europea · FEDER Galicia 2021-2027.