Neste 25N, Carral cambiará o silencio polas palabras. O Concello conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero cunha lectura do manifesto do 25N por parte do alcalde de Carral, Javier Gestal, e cunha cacerolada. Un ano máis, contarase coa participación do alumnado do IES de Carral e do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel.

O acto terá lugar o venres, 24 de novembro, desde as 11.30 horas no Concello. Ao concluír, levarase a cabo a inauguración do banco da igualdade. Trátase dun elemento de cor violeta que simbolizará o rexeitamento de todo o Concello fronte á violencia machista. En total, o Concello disporá de catro bancos destas características que se repartirán en varios puntos do termo municipal. Así mesmo, o panteón iluminarase tamén con motivo desta xornada.

Carral está a participar na VI edición do Ciclo Metropolitano pola Igualdade na música e nas artes, Elas Son Artistas. Desde as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a apostar por realizar estas actividades en colaboración co IES de Carral.

En plena celebración do vinte aniversario da súa carreira, a cantante e compositora, Silvia Penide, está a impartir un obradoiro de creación de cancións nas propias instalacións do centro educativo. Con esta actividade preténdese incentivar a creatividade e dotar ás persoas asistentes de ferramentas para crear cancións e textos, mesmo sen saber música dun xeito regrado. 

Como peche do obradoiro, o vindeiro día 20 de novembro, todo o alumnado do centro recibirá a visita doutra artista galega, Leticia Rey. Acompañada do pianista, Iago Mouriño, a cantautora conversará co alumnado sobre o seu proceso creativo e ofrecerá unha actuación musical na que tamén estará Slivia Penide e poderán escoitarse as cancións creadas durante as sesións do obradoiro.

Desde a organización de Elas Son Artistas sinalan que este tipo de actividades diferentes encaixan na filosofía do ciclo, xa que un dos obxectivos e achegar a arte á xente nova e darlle a oportunidade de estar preto de mulleres referentes neste caso no ámbito da música.

As persoas que estean no taller entrarán a participar no sorteo de entradas para o concerto de Alice Wonder no Teatro Colón, o acto co que se pechará esta sexta edición deste ciclo pola igualdade, nun mes no que a loita contra a violencia machista está moi presente e resulta máis necesaria que nunca.

O goberno local continúa dando pasos para dinamizar o seu mercado municipal. Precisamente, o deste domingo, 29 de outubro, celebrarase cunha importante novidade: o cambio de localización dos postos da feira. Desde este domingo, as casetas de venda concentraranse no propio Campo da Feira, rúa Campo da Feira e na rúa Belvís de Paleo. Con esta medida, o equipo de goberno responderá a unha solicitude reiterada tanto polos veciños e veciñas como polos propios comerciantes.

Ata o de agora, os postos situábanse na praza, na rúa Belvís e ocupaban tamén a rúa Víctor Velasco, o que obrigaba a restrinxir o tráfico. Con esta modificación, o goberno confía en conseguir un dobre obxectivo: por unha banda, minimizar as molestias dos veciños e veciñas e, polo outro, estimular as compras nos comercios.

Vermufeira

Ao tratarse do último mercado municipal de outubro, o Concello organizará unha nova sesión da súa Vermufeira. Entre as 13.00 e as 15.30 horas, o público poderá gozar da música a cargo de Eric Hidalgo e Alejandra Pais. Así mesmo, poderán degustar churrasco, polbo e orella á feira.

No día de hoxe publicouse no taboleiro de anuncios do Concello de Carral as bases que rexerán a contratación do/a substituto/a do coordinador de emerxencias deste Concello.

Coa publicación do anuncio no taboleiro comezará a contar o prazo de catro días hábiles para que calquera interesado/a se poida presentar. Máis información no departamento de RRHH do Concello.

A Consellería de Medio Rural acaba de retomar os permisos de queima de restos agrícolas amoreados.

As persoas que precisen máis información poden contactar co departamento de Medio Ambiente no teléfono 981 67 00 02.

A Casa da Cultura de Carral acollerá este xoves, 19 de outubro, a presentación do libro ‘Poemas guardados’, de Lino Braxe (1962-2020).

Na obra reúnese a produción poética do autor entre 2008 e 2011, durante as súas estadías en Cuba, Italia e Arxentina. O poeta plasma, a través dos versos, a dor e sufrimento que identifica como inherentes ao ser humano.

Braxe estivo vencellado a Carral en diferentes ocasións. Foi membro do xurado do Premio de Poesía Concello de Carral; actuou no municipio co seu grupo A Caricia da Serpe; e pasou tamén como director e actor polo escenario do Local Xente Nova de Tabeaio. A última visita foi no ano 2016 coa obra do grupo Valacar, da ONCE.

No acto, que dará comezo ás 20:30 horas, intervirán tamén Alexandra F. Otero, Sabela Hermida, Miguel Pernas, Manuela Varela e Eloy Vázquez Fontenla.

A unidade móbil de inspección técnica de agrícolas desprazarase a Carral.

Estará no polígono dos Capelos (rúa Innovación) do 17 ao 19 de outubro e no seguinte horario:

  • De 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Rematado o prazo de inscrición nos cursos de natación do mes de agosto, fanse públicas as LISTAS DE ADMITIDOS – HORARIOS E GRUPOS

INDICACIÓNS:

  • As datas nas que se impartirán estes cursos serán desde o 1 ao 31 de agosto.
  • Os cursos impartiranse nas piscinas municipais
  • Os grupos están divididos en función das idades dos inscritos, tendo preferencia, naqueles grupos nos que se superan os rateos alumnos/monitor, os empadroados.
  • Impartiranse clases de 45 minutos, nos seguintes horarios:
    • Grupo 1: nados do 2014 ao 2007, de 11:45 a 12:30 h.
    • Grupo 2: nados do 2017 ao 2015, de 12:30 a 13:15 h.
    • Grupo 3: nados do 2020 ao 2018, de 13:15 a 14:00 h.
  • CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: 
    • Por orde de inscrición ou ata esgotar a oferta / segundo os grupos
    • Preferencia aos empadroados/as.

Publicación das listas de admitidos: 26 de xullo.

Prazo de pago: entre o 26 e 31 de xullo (ata ás 14:00 h). Se o interesado non fixera o pago nas datas sinaladas, perderá a praza en favor do primeiro inscrito en lista de espera se a houbese.

Máis info no Complexo Deportivo (678.33.88.47) ou en complexo.deportivo@carral.es

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget dolor. Aenean massa. Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes, nascetur ridiculus mus. Donec quam felis, ultricies nec, pellentesque eu, pretium quis, sem.

Nulla consequat massa quis enim. Donec pede justo, fringilla vel, aliquet nec, vulputate eget, arcu. In enim justo, rhoncus ut, imperdiet a, venenatis vitae, justo. Nullam dictum felis eu pede mollis pretium. Integer tincidunt. Cras dapibus. Vivamus elementum semper nisi. Aenean vulputate eleifend tellus. Aenean leo ligula, porttitor eu, consequat vitae, eleifend ac, enim.

Read more

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Aenean commodo ligula eget dolor. Aenean massa. Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes, nascetur ridiculus mus. Donec quam felis, ultricies nec, pellentesque eu, pretium quis, sem.

Nulla consequat massa quis enim. Donec pede justo, fringilla vel, aliquet nec, vulputate eget, arcu. In enim justo, rhoncus ut, imperdiet a, venenatis vitae, justo. Nullam dictum felis eu pede mollis pretium. Integer.

  • Donec posuere vulputate arcu.
  • Phasellus accumsan cursus velit.
  • Vestibulum ante ipsum primis in faucibus orci luctus et ultrices posuere cubilia Curae;
  • Sed aliquam, nisi quis porttitor congue

Read more