Coma todos os anos cara finais de xeño, organizamos desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) a excursión o Aquapark.
Será o 26 de xuño, xoves, para rapazas e rapaces nados entre o ano 2008 e o 2017, saíndo as 11:15 h. do Local Interxeracional (R/ Alcalde Juan Seijas, nº8, baixo) e chegando as 19:30 h. ó mesmo lugar.
O prazo de inscrición será desde o día 11 ó 19 de xuño e para elo debedesnos enviar por whatsapp (674.793.475), correo electrónico (omix@carral.es) ou presencialmente no Local Interxeracional (luns a venres de 16:30 a 19:30 h.) a folla de inscrición-autorización que atoparedes mais abaixo.
O prezo son 8 €, pero non debedes facer o pago ata que se vos confirme a praza. As prazas son limitadas e serán por orde de inscrición.
É necesario levar a comida, sandalias, toalla e protección solar.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2025-06-10 19:22:242026-02-13 18:56:06O 26 DE XUÑO IMOS Ó AQUAPARK!
As datas nas que se levará a cabo este programa serán durante o período escolar non lectivo das vacacións de Verán: do 23 de xuño ao 29 de agosto de 2025.
O horario (luns a venres, excepto festivos) será:
Servizo Madrugadores: 7.30 a 10.00 h *
Campamentos: 10.00 a 14.00 h (horario obrigatorio dentro do campamento, non podendo nin entregar nin recoller aos nenos/as durante o mesmo salvo excepcións previamente comunicadas.)
Servizo de comedor: 14.00 a 16.00 h *
*Nota. Nestes servizos contratarase unicamente o coidado e atención dos menores. Os nenos/as que fagan uso destes horarios deberán traer o seu almorzo ou xantar da casa.
Este programa se desenrolará no recinto escolar do Colexio Vicente Otero Valcárcel (pavillón polideportivo cuberto, pista polideportiva descuberta, zona axardinada, patio escolar cuberto, comedor escolar, aula psicomotricidade).
DESTINATARIOS: Idades e grupos
Para nenos/as dende Educación Infantil (dende 3 anos) e toda a Educación Primaria.
Para formalizar a inscrición é preciso que o interesado/a non teña débedas co Concello de Carral.
Este campamento dividirase en quendas/semanas atendendo ao número de inscritos:
As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
O concello fará unha reserva de prazas dun 10% para nenos/as con NEAE, con NEE con autonomía persoal ou en risco de exclusión social, para participar nas diversas actividades propostas en cada campamento, previa valoración polo equipo técnico municipal competente.
Organizaranse os grupos por idades. Estes grupos serán o máis homoxéneos posible (permitíndose unha oscilación de 2 anos), cumprindo sempre a normativa vixente.
Os nenos/as poderán facer uso do servizo Madrugadores (7.30‐10.00 h) e Tempo de Xantar (14.00‐16.00 h) para o que deberán traer o seu propio almorzo e xantar da casa (disponse de forno microondas).
PREZOS: Cotas e xeito de pagamento.
Segundo o acordo regulador nº 1 do prezos por actividades deportivas, culturais, xuvenís e socio educativas do Concello de Carral (Epígrafe 5: Actividades durante as vacacións escolares e outras actividades), o prezo do campamento urbano será de 30 €/semana, máis 9,25 €/semana polas opcións de madrugadores e tempo de xantar:
Os importes aboados NON SE DEVOLVERÁN AGÁS CAUSAS DEBIDAMENTE XUSTIFICADAS.
As datas límites para facer os pagos serán:
Semanas da 1º á 5ª: pago entre o 11 e 18 de xuño.
Semanas da 6º á 10ª: pago entre o 16 e o 23 de xullo.
SE O INTERESADO/A NON ABOA A CANTIDADE CORRESPONDENTE ÁS SEMANAS QUE ELIXA DENTRO DO PRAZO MARCADO, PERDERÁ O DEREITO Á PRAZA RECAENDO ESTA NA SEGUINTE PERSOA NA LISTA DE AGARDA.
Formas de pago:
Mediante transferencia bancaria (ES21 2100 5781 3102 0000 1826), para o cal será IMPRESCINDIBLE enviar o resgardo de ingreso ao mail casadacultura@carral.es.
Con Tarxeta bancaria nas dependencias da Casa da Cultura.
Condicións de pago: O pago de cada semana elixida deberase realizar nas datas e xeitos indicados.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
Este verán volve o MOCI-CAMPA. Organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) nesta actividade poderás realizar diferentes actividades e pasar un verán divertido e diferente con xogos deportivos, excursións, saídas, obradoiros…
DATAS: Do 23 de xuño o 1 de agosto, de luns a venres (excepto festivo) de 10:30 a 13:30 h. O día de excursión (unha á semana) o horario será de 9:30 a 14:30 h. Podeste anotar a unha ou as semanas que desexes:
1ª semana: 23 – 27 xuño.
2ª semana: 30 xuño – 4 xullo.
3ª semana: 7 – 11 xullo.
4ª semana: 14 – 18 xullo.
5ª semana: 21 – 24 xullo.
6ª semana: 28 xullo – 1 agosto.
PARTICIPANTES: Nados entre o 2009 e 2013 con preferencia para empadroados/as ou que estean cursando os seus estudos nun centro escolar de Carral.
LUGAR: O punto de inicio e de remate da actividade será o Local Interxeracional, pero faremos as actividades por diferentes puntos do concello, e unha excursión á semana fora do municipio.
PREZO: 30 € /semana. Non facer o pago ata que se confirme a praza.
MÁIS INFO: Na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº8 baixo, Carral), no teléfono 674.793.475 (chamada ou Whatsapp) e no correo electrónico omix@carral.es.
O Concello volverá promover a conciliación durante a época estival. Farao co lanzamento dunha nova edición dos seus campamentos deportivos de verán, que se desenvolverán entre o 23 de xuño e o 29 de agosto. En total, o Concello ofrecerá 1.020 prazas para nenos e nenas de 3 a 11 anos que se repartirán entre as dez semanas de duración do programa municipal. O prazo de inscrición comezará o luns, 26 de maio (ás 9.00 horas), e prolongarase ata o 6 de xuño (ás 14.00 horas). As persoas interesadas deberán tramitar a súa solicitude a través da sede electrónica ou, de forma presencial, no rexistro municipal.
Os campamentos desenvolveranse no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel e na contorna do centro de ensino de luns a venres (excepto festivos) e en horario de 7.30 a 16.00 horas para facilitar ao máximo a conciliación das familias. Entre as 7.30 e as 10.00 horas levarase a cabo o servizo de madrugadores, de 10.00 a 14.00 horas terá lugar a propia actividade do campamento e, por último, de 14.00 a 16.00 horas será a quenda do servizo de comedor. As prestacións de madrugadores e comedor inclúen a atención dos pequenos e pequenas, que deberán traer a súa comida de casa. En total, serán dez semanas de actividade e 1.020 prazas distribuídas da seguinte forma:
• 1ª semana: do 23 ao 27 de xuño (120 prazas) • 2ª semana: do 30 de xuño ao 4 de xullo (120 prazas) • 3ª semana: do 7 ao 11 de xullo (120 prazas) • 4ª semana: do 14 ao 18 de xullo (120 prazas) • 5ª semana: do 21 ao 24 de xullo (90 prazas) • 6ª semana: do 28 de xullo ao 1 de agosto (90 prazas) • 7ª semana: do 4 ao 8 de agosto (90 prazas) • 8ª semana: do 11 ao 14 de agosto (90 prazas) • 9ª semana: do 18 ao 22 de agosto (90 prazas) • 10ª semana: do 25 ao 29 de agosto (90 prazas)
Como parte do programa, os e as participantes gozarán de diferentes modalidades deportivas, centrándose, especialmente, naquelas que se practican no propio municipio. A maiores, organizaranse actividades de contacto coa natureza para promover o respecto e o coidado da contorna natural e realizaranse xogos e tamén excursións.
O prazo de inscrición abrirá o luns, 26 de maio. As prazas ofertadas son limitadas, adxudicándose por orde de inscrición ou ata esgotalas. Os nenos e nenas empadroados ou matriculados nos centros de ensino de Carral terán preferencia.
O Concello de Carral resultou beneficiario da subvención solicitada á Consellería de Política Social e Igualdade.
Orde do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento SI436A, SI435A e SI427B).
Este programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/05/CAMPAMENTOS-DE-VERAN-CARRAL-2.jpg12101810prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2025-05-24 12:00:002026-02-13 18:59:46CARRAL OFRECERÁ 1.020 PRAZAS NOS SEUS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN COA VISTA POSTA NA CONCILIACIÓN
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/04/write-8487618_1920-2.jpg12801920prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2025-04-16 14:06:292026-02-13 19:00:52BASES DAS AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE CARRAL
Un novo obradoiro vira da man do programa EN-Acción organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) do Concello de Carral.
Será o venres día 21 entre as 17:00 e as 18:30 h. e nesta ocasión as/os participantes poderán facer diferentes traballos con un material moi peculiar, a resina epoxi.
As rapazas e rapaces de entre 9 e 15 anos que se acheguen polo local Interxeracional, gozaran facendo diferentes figuras e aprenderán como se traballa con esta resina. Non é preciso que as/os interesadas/os se anoten pero as prazas están limitadas á capacidade da aula na que se desenvolvera o obradoiro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2025-03-18 17:29:552026-02-13 19:03:04OBRADOIRO DO PROGRAMA EN-ACCIÓN DA OMIX
O vindeiro venres 14 de marzo, a OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza no Local Interxeracional un novo obradoiro a partir das 17:00 h.
Se tes entre 9 e 15 anos pásate polo local e poderás facer as tuas pulseiras, colares e colgantes para o móbil.
https://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.png00Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2025-03-10 19:01:282026-02-13 19:03:42NOVO OBRADOIRO NO LOCAL INTERXERACIONAL
A colaboración do Ente Provincial con Concello de Carral remóntase ao ano 2005
O concello de Carral solicitou a finais do pasado mes de novembro a subvención do programa provincial para concellos para o mantemento do persoal técnico no servizo municipal de deportes.
A pasada semana publicouse no boletín provincial a concesión definitiva desta axuda, onde a contía económica que recibirá o Concello de Carral ascende a 15.000 €, ao tratarse o persoal contratado dun graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte a xornada completa. Esta aportación económica destinarase ao pago de parte do salario e os custos de Seguridade Social do técnico municipal de deportes.
Por outra banda, cambe destacar que este é unha axuda que a Deputación ven concedendo aos diferentes concellos da provincia dende hai máis de dúas décadas, no caso de Carral, dende o ano 2005. Con ela preténdese a promoción do deporte, actividades e servizos á cidadanía mediante a promoción da contratación de persoal especialista neste ámbito.
https://carral.es//wp-content/uploads/2023/09/Diseno-sin-titulo-22.png788940Deportes Carralhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngDeportes Carral2025-02-25 13:44:002026-05-27 13:48:02A DEPUTACIÓN CONCEDE 15.000 € AO CONCELLO DE CARRAL PARA O MANTEMENTO DO PERSOAL DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES
A OMIX (oficina municipal de información xuvenil) organiza, dentro do programa EN-Acción do departamento de xuventude, un obradoiro de cociña para rapazas e rapaces de entre 10 e 15 anos.
Este será o primero entre varios que se faran de aqui o verán.
O venres 21 de febreiro a partir das 17:00 e ata as 18:30 h., no local Interxeracional, os/as participantes poderán divertirse facendo eles/as memos/as pequenas e faciles recetas que despois poderan probar.
Para esta actividade non é preciso anotarse pero si que hai un numero limitado de prazas que serán cubertas a medida que se vaia enchendo a sala na que se realizará o obradoiro.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/02/Imaxe-3.jpg360546Antolín Rodríguezhttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngAntolín Rodríguez2025-02-13 18:24:522026-02-13 19:05:21OBRADOIRO DE COCIÑA PARA RAPACES E RAPAZAS
As solicitudes do goberno local deron resultado e tres frecuencias da liña de autobús que conecta San Vicente de Vigo e o IES David Buján (de uso compartido entre o alumnado do instituto e os veciños e veciñas) incorporarán a partir do luns, 17 de febreiro, dúas novas paradas en Balbén e Taramuño.
En concreto, as frecuencias que se verán beneficiadas por este cambio serán a das 7.30 horas (de Tabeaio cara ao IES David Buján) e no sentido de volta a que discorre desde o CIFP Universidade Laboral ás 14.00 horas. Esta modificación afectará tamén á frecuencia dos luns ás 18.00 horas (desde o CIFP Universidade Laboral).
Unha petición veciñal
Ata o de agora, o autobús non pasaba por estes puntos da parroquia de San Vicente de Vigo, obrigando tanto aos veciños e veciñas como ás familias con fillos e fillas no IES David Buján a desprazarse a outras zonas para facer uso do servizo.
Para solucionar esta problemática e atender ás demandas veciñais, o goberno local solicitou unha modificación do roteiro para que se incorporasen tamén estes dous puntos. O alcalde, Javier Gestal, celebra que “a Xunta de Galicia respondese e atendese a nosa solicitude, que partiu directamente dos veciños e veciñas”.
https://carral.es//wp-content/uploads/2025/02/bus-1898612_1920.jpg12851920prensahttps://carral.es//wp-content/uploads/2026/02/ConcelloDeCarral.pngprensa2025-02-13 16:09:112026-02-13 19:05:49A LIÑA QUE UNE SAN VICENTE E O DAVID BUJÁN SUMARÁ NOVAS PARADAS DE BUS A SOLICITUDE DO GOBERNO LOCAL