CONTRATACIÓN DURANTE 9 MESES DUNHA PERSOA INSCRITA NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
O Concello de Carral contrata, durante nove meses a xornada completa, a unha persoa moza inscrita como beneficiaria no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O obxecto da contratación é proporcionarlle unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral. Para iso, o Concello foi beneficiario dunha subvención outorgada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027. O obxectivo desta contratación é apoio administrativo nos departamentos de Administración xeral deste Concello.




