EXCURSIÓN Ó AQUAPARK DE CERCEDA
Xa está aquí o verán e con el a actividade mais lonxeva que organizamos desde a OMIX (oficina municipal de información xuvenil), a excursión ó aquapark de Cerceda, que este ano será o 26 de xuño, venres.
A saída, ás 11:15 h, e a chegada, as 19:30 h. será desde o local Interxeracional (R/ Alcalde Juan Seijas, nº 8, baixo) e poderase anotar a rapazada nada entre 2009 e 2018, por un prezo de 8 € por participante.
INSCRICIÓNS
- Do 8 de xuño as 9:00 h. (non se admitirán inscricións antes) ata ó 11 de xuño as 19:30 h.
- Enviar a inscrición-autorización por Whatsapp (674.793.475) e-mail (omix@carral.es) ou presencial no Local Interxeracional (luns-venres 16:30 – 19:30 h.).
- Por orde de inscrición.
- Non facer o pago ata a confirmación da praza.
- Preferencia empadroados/as.
OBSERVACIÓNS
Levar a comida, protección solar, sandalias, traxe de baño, toalla e protección solar.











