NOVA CONVOCATORIA DAS PROBAS CELGA 2, 3 E 4

A Secretaría Xeral da Lingua convoca a segunda quenda de exames para obter os certificados oficiais de lingua galega en 2026.

Datas

CELGA 4: 14 e 15 de novembro

CELGA 3: 21 de novembro

CELGA 2: 22 de novembro

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid. Poden presentarse as persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran durante 2026. Taxa: 16,92 € por cada nivel. O prazo de inscrición é de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria.

Consulta a convocatoria completa e realiza a inscrición na sede electrónica da Xunta de Galicia e na web da Secretaría Xeral da Lingua https://www.lingua.gal/es/portada