O CONCELLO DE CARRAL OBTÉN UNHA SUBVECIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA P OR IMPORTE DE 7.000 EUROS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO
O Concello de Carral solicitou unha subvención da @Deputación da Coruña no marco do FOEAC-2 Programa II de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar actividades de envellecemento activo e actuacións de loita contra a soidade non desexada no ano 2025.
Así, no BOP de hoxe publícase a concesión provisional desta axuda, que destinará a Carral o importe máximo da subvención: 7.000 euros. Consulta a orde aquí.
Dita axuda servirá para que a entidade provincial financie os obradoiros de memoria para persoas adultas que se realizarán no noso municipio.
Estes obradoiros teñen como obxectivo fortalecer a memoria, a atención e outras capacidades mentais que se poden ver afectadas co paso dos anos. Este tipo de actividades non só teñen beneficios a nivel individual, senón que tamén contribúen a combater a soidade non desexada.
Dende o equipo de goberno local seguiremos traballando por novas axudas e subvencións que melloren a vida da nosa veciñanza.





