O CONCELLO DE CARRAL OBTÉN UNHA SUBVECIÓN POR IMPORTE DE 51.760 EUROS PARA FINANCIAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN, NADAL E CONCILIA
O Concello de Carral solicitou unha subvención para entidades locais para a promoción da igualdade e como resultado obtivemos uns fondos por importe de 51.760,50 euros.
Dita axuda servirá para que a Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdade financien os campamentos de verán, o concilia e os campamentos de Nadal.
Estas actividades de conciliación laboral e familiar son fundamentais para as familias do municipio.
Como mostra, neste momento estase a celebrar o campamento de verán, no que preto de 200 rapaces e rapazas de Carral participan nesta actividade de conciliación que ofrece aos máis pequenos e pequenas as distintas modalidades deportivas que se practican no municipio.
Dende o equipo de goberno local seguiremos traballando por novas axudas e continuaremos apoiando a conciliación laboral e familiar.





