,

O CONCELLO DE CARRAL ORGANIZA UNHA RUTA A CABALO PARA GOZAR DA NATUREZA E DO DEPORTE AO AIRE LIBRE

O Concello de Carral, a través da súa área de Deportes, organizará o próximo 11 de xullo
unha nova actividade de lecer e natureza coa celebración dunha ruta a cabalo, unha
proposta pensada para ofrecer á veciñanza unha experiencia diferente de contacto co medio
natural e de descubrimento da contorna do municipio.


A actividade desenvolverase entre as 17:00 e as 18:00 horas e contará cun número reducido
de participantes para garantir a seguridade e a calidade da experiencia. En total, ofertaranse
sete prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Carral.


Esta iniciativa forma parte da programación deportiva e de ocio estival impulsada polo
Concello, que busca promover hábitos saudables, o desfrute do patrimonio natural e a
práctica de actividades ao aire libre. A ruta permitirá aos participantes combinar deporte,
natureza e aventura nun entorno privilexiado, gozando dunha experiencia atractiva tanto para
persoas afeccionadas ao mundo ecuestre como para quen desexe achegarse por primeira
vez a esta modalidade.


O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 9 de xullo, podendo formalizarse
tanto de maneira presencial no Complexo Deportivo Municipal como a través do formulario
habilitado para tal fin.