PRAZAS VACANTES NO PROGRAMA DE EMPREGO PARA MOZOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL ‘COIDADOS SOCIOSANITARIOS’
Desde o Concello informamos que se dispón de tres prazas no programa de emprego para persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil ‘Coidados sociosanitarios’. As persoas interesadas deberán chamar, con carácter urxente, ao edificio social Toñito Espiñeira a través do teléfono 981 61 35 20.