, ,

PRIMEIROS AUXILIOS PEDIÁTRICOS E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS NO FOGAR, OS NOVOS OBRADOIROS GRATUÍTOS DO CONCELLE DE CARRAL

O Concello de Carral organiza dous novos cursos formativos de carácter gratuíto, nesta ocasión centrados na saúde e a alimentación: primeiros auxilios pediátricos e manipulación de alimentos no fogar.

O taller de primeiros auxilios pediátricos será o primeiro de ambos e impartirase o mércores 25 do próximo mes de marzo. O horario será de mañá, de 10.00 a 12.30 horas

No que respecta a a formación sobre manipulación de alimentos no fogar, esta levará a cabo o mércores 8 de abril, tamén pola mañá, en horario de 10.00 a 13.30 horas.

Os dous talleres contarán con prazas limitadas e as súas respectivas inscricións poderán realizarse ata o mércores 18 de marzo, tanto a través do correo eduacion@carral.es como do teléfono 678338872.