VARIAS EMPRESAS DO POLÍGONO REÚNEN 700 KG DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE HIXIENE PARA SERVIZOS SOCIAIS
O Polígono dos Capelos organizou, outro ano máis, unha recollida de alimentos para repartir entre as familias en situación de vulnerabilidade de Carral durante a semana previa a Nadal. As empresas Aplicaciones de Bombeo Industrial S.L., Checkpoint, Da Cunha e Oca foron as participantes nesta nova edición da campaña. Entre todas lograron reunir máis de 700 quilogramos de alimentos perecedoiros e produtos de hixiene e limpeza.
A comida e os artigos de hixiene foron entregados no departamento de Servizos Sociais do Concello, onde se encargarán de realizar o reparto ás 20 familias beneficiarias da axuda. A iniciativa ten como obxectivo que todos os veciños e veciñas poidan gozar do Nadal.




