VERÁN DIFERENTE, VERÁN MOCI-CAMPA!

Este verán volve o MOCI-CAMPA. Organizado pola OMIX (oficina municipal de información xuvenil) nesta actividade poderás realizar diferentes actividades e pasar un verán divertido e diferente con xogos deportivos, excursións, saídas, obradoiros…
DATAS: Do 23 de xuño o 1 de agosto, de luns a venres (excepto festivo) de 10:30 a 13:30 h. O día de excursión (unha á semana) o horario será de 9:30 a 14:30 h. Podeste anotar a unha ou as semanas que desexes:
- 1ª semana: 23 – 27 xuño.
- 2ª semana: 30 xuño – 4 xullo.
- 3ª semana: 7 – 11 xullo.
- 4ª semana: 14 – 18 xullo.
- 5ª semana: 21 – 24 xullo.
- 6ª semana: 28 xullo – 1 agosto.
PARTICIPANTES: Nados entre o 2009 e 2013 con preferencia para empadroados/as ou que estean cursando os seus estudos nun centro escolar de Carral.
LUGAR: O punto de inicio e de remate da actividade será o Local Interxeracional, pero faremos as actividades por diferentes puntos do concello, e unha excursión á semana fora do municipio.
PREZO: 30 € /semana. Non facer o pago ata que se confirme a praza.
INSCRICIÓNS: Do 4 ó 11 de xuño, a través da sede electrónica (https://sede.carral.es/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudinscripcionactividadesconciliacion_N ou no rexistro municipal do concello. Por orde de inscrición.
MÁIS INFO: Na OMIX (Local Interxeracional, r/ Alcalde Juan Seijas, nº8 baixo, Carral), no teléfono 674.793.475 (chamada ou Whatsapp) e no correo electrónico omix@carral.es.
