Cine ao aire libre (cine galego, comedia, familiar e de ciencia ficción)

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde-)

Apta para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia

Duración prevista: 85 min.

Directora: Olga Osorio

Guión: Olga Osorio e Araceli Gonda

Reparto: Marta Nieto, Tamar Novas, Mabel Rivera, Manuel Manquiña, Rubén Fulgencio, Irene Jiménez, Mario Santos, Machi Salgado

Sinopse: Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre si, que viven nun modesto piso de barrio. Xullo de 1989. Teo é futboleiro e un pouco traveso, Óscar un sabelotodo que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lida á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buracos de verme.

Trailer en castelán: https://youtu.be/Z49-b9GFhyY?si=yyKGjhnkBBKvoyr-

Compañía: Pedras de Cartón

Teatro de rúa para público familiar

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde-)

Para público familiar (recomendado maiores de 4 anos)

Duración prevista: 50 minutos

Dramaturxia e dirección: Juan Rodríguez

Elenco Juan Rodríguez

Escenografía: Iker Pérez

Sinopse: Moby Dick é unha proposta de teatro para público familiar creado a partir da afamada novela de Herman Melville que xoga coa figura do gran cachalote protagonista da novela, un monicreque de tres metros creado polo titiriterio Iker Pérez. Moby Dick conta a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleeiro no que vivirá unha morea de perigosas aventuras.

Grupo: Paco Nogueiras

Música infantil

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde)

Para público infantil (recomendado maiores de 2 anos )

Duración prevista: 55 minutos

Sinopse: C@nto contigo é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais. C@nto contigo convértese así,nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará a túa escola, biblioteca, auditorio, rúa, praza, vila, aldea…nunha festa moi especial onde ti es protagonista.

Canción Canta Comigo: https://youtu.be/gdYubChUcOU?si=HG5mup_asfq2KpSq

Compañía: Centro Dramático Galego e Raquel Crespo

Teatro familiar (comedia, memoria)

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde)

Para público familiar (recomendado maiores de 4 anos )

Duración prevista: 60 minutos

Elenco: Raquel Crespo e Xosé Lois Romero

Sinopse: Entre fíos anda o lío mergúllanos nun mundo onde a costura é moito máis ca unha tarefa artesanal: é memoria, identidade e un fío invisible que une xeracións. Entre puntadas e relatos, despregaranse historias esquecidas, cantos que resoan dende o pasado e segredos tecidos en cada pano. A través da música, a narración e o movemento, reconstruiranse mitos e tradicións que fixeron do tecer un acto de resistencia e creación. Que acontece cando alguén tira dun fío que non debe? Que historias agochan os tapices que levan séculos contando o mundo? Entre mitos, cancións e relatos esquecidos, este espectáculo visual e sensorial convida a descubrir o que realmente se tece entre os fíos.

Compañía: O Mago Antón

Maxia (ilusionismo, comedia)

Para público familiar (maiores de 4 anos )

Duración prevista para cada sesión: 60 minutos

Sinopse: O Mago Antón presenta “50” (1975-2025) son 50 anos de emoción. 50 anos explorando os límites do imposible. O mago Antón celebra toda unha vida no escenario cun espectáculo que reúne os seus mellores números e novas ilusións nunca vistas. Para a numeroloxía 50 significa mellora, crecemento, liberdade e felicidade. A culminación de algo e o comezo dunha nova etapa.

CultuRúa 2025 está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Carral coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural e da Xunta de Galicia co Centro Dramático Galego e o programa Cultura no Camiño.