CULTURÚA 2026

CHUCHES AMIL ELÉCTRICO

Concerto de música infantil

Xoves 18 de xuño – 18:00 h.

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase ao Edificio Social Toñito Espiñeira).

Idades recomendadas: maiores de 3 anos.

Duración prevista: 50 min.

Chuhes Amil eléctrico é unha descarga de pop-rock para público familiar, para a rapazada e para os máis rockeiros da casa, sen conta da idade. Un espectáculo cheo de cancións bailables, con ritmo e xolda para toda a familia. Os hits de Chuches Amil nun concerto que Fran Amil ofrece con guitarra amplificada, percusión electrónica e bases pregravadas. Para bailar, sorrir e sentirse feliz!!!

TÁVOLE 

Zirko Txosko

Novo circo

Xoves 25 de xuño – 18:00 h.

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde-)

Idades recomendadas: para todos os públicos

Duración prevista: 50 minutos

Dirección: Aritza Rodríguez

Elenco Ariñe Axkue e Óscar Páez

Escenografía: José Luis Canete

Música: Unai Laso

Vestiario: Estudio 14

Sinopse: …este mundo está cada vez máis tolo… Távole é a visión que Zirko Txosko ten da vida actual, ampliada e exaxerada polas lenetes do circo e do humor. Relatos e experiencias cotiás misturadas coa fantasía.

RONDALLAS

Cine ao aire libre

Xoves 2 de xullo – 22:30 h.

Pista deportiva de Tabeaio (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase ao Local Xente Nova)

Calificación: non recomendade menores de 12 anos

Duración prevista: 112 minutos

Sinopse: Dous anos despois do tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a un pequeno pobo mariñeiro galego, algúns membros da rondalla, unha agrupación de música tradicional na que participan desde nenos ata anciáns, deciden que xa é hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Por iso volven unirse para poñela en marcha coa intención de competir nun concurso contra os pobos veciños, pero sobre todo de empezar a mirar cara adiante de novo.

Dirección: Daniel Sánchez Arévalo

Reparto: Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán, Marta Larralde, Lola López Rodríguez.

O CAMIÑO DO AFIADOR

Mago Teto

Maxia

Xoves 21 de agosto – 18:00 h.

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde)

Idades recomendadas: para todos os públicos

Duración prevista: 50 minutos

Dirección e elenco: Héctor Guerra

Sinopse: é un espectáculo que xira en torno a unha roda de afiar dos anos 30 herdada polo mago Teto dos seus antergos. O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX , e practicamente extinguido no século XX, desprazábanse centos ou milleiros de quilómetros por uns días ou anos coa única compaña da súa roda. Miles de historias e aventuras doutros tempos son postas en escena coa axuda do ilusionismo. Para os efectos de maxia deste espectáculo empréganse elementos típicos dos afiadores como poden ser coitelos, tesoiras, navallas e parauguas.

OS RIZOS DE LÍA 

PATY LESTA – TULIS

Contacontos musical

Martes 4 de agosto – 18:00 h.

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase ao Edificio Social Toñito Espiñeira).

Idades recomendadas: de 4 a 8 anos

Duración prevista: 45 minutos

Sinopse: Tulis, a contadora aventureira, acompáñanos na historia de Lía, unha nena valente que emprende unha viaxe chea de emocións, aventuras e descubrimentos. A través do conto, o público infantil conecta con valores como a amizade, a autoestima, o respecto pola identidade ou a importancia de confiar nunha mesma. Todo isto acompañado de música para reflexionar, emocionarse… e bailar!

THE EXPOSURE e DANCE JOIN

Compañías: Tanit Cobas e Marta Alonso Tejada

Danza / clown / humor

Xoves 6 de agosto – 18:00 h.

Campo da Feira (en caso de meteoroloxía desfavorable, trasládase á pista cuberta de Paleo -detrás Centro de Saúde)

Idades recomendadas: para todos os públicos

Duración prevista: 75 minutos

Será unha tarde dedicada á danza, que estará misturada con teatro e humor, no que o público tamén poderá ser participe da felicidade de bailar.

THE EXPOSURE

Sinopse: The Exposure trata de mostrar o mundo interior dos e das bailarinas. Que pensan mentres bailan? Que falan entre elas? Quen son? Son seres reais ou non?  Escoitarás as súas voces por todas partes como caendo desde o ceo para bañarnos o pelo. O pelo coma oasis, como exposición, como liberación, coma dor, como choiva de opinións que nunca pedín e déronme gratis.

Dirección e coreografía: Tanit Cobas

Intérpretes: Tanit Cobas e Pablo Navarro Muñoz

Música: Alicia Casado

Vestiario: Malahierba Bcn (Marijo Torres)

DANCE JOIN

Sinopse: Dance Join é un espectáculo de danza e clown que explora con ironía e diversión os ritmos imposibles da vida contemporánea. Catro personaxes en escena —unha artista DJ, a súa produtora, a técnica e a community manager da compañía— loitan por manterse á altura das expectativas: multitarefa, hiperprodutividade, éxito, autoimaxe… Un xogo escénico que transita entre o esgotamento e a celebración, entre o caos e o pracer do movemento compartido, no que o público é convidado a participar e a transformar o espazo escénico. Ao final, Dance Join expándese: convértese nunha pista de baile colectiva, onde soltar as presións e reencontrarse co corpo, a comunidade e a alegría.

​​Direción: Pablo Reboleiro e Marta Alonso Tejada

Interpretación: Marta Alonso

Coreografía e movemento: Xián Martínez

Asistencia de movemento: Marta Seco

Asistencia de dirección e dramaturxia: Marían Bañobre

Deseño de vestiario e escenografía: Xabier Mujica

Escenografía: Juan Bas

Espazo Sonoro e música: Mounqup

​​

CultuRúa 2026 está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Carral coa colaboración da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural e da Xunta de Galicia co programa Cultura no Camiño.