Anuncio Sede Electrónica
Acceso desde o Taboleiro de Anuncios
ao documento oficial publicado no BOP
O 26.03.2026 o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o inventario de camiños e vías municipais do Concello de Carral que consta como segue:
PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente o inventario de camiños municipais do concello de Carral cos bens inmobles, segundo a proposta que consta no expediente 2026/X006/000037, documento elaborado por Estudio Técnico Gallego, SA, asinado por don Isidro López Yáñez, arquitecto, presentado neste Concello en data 10 de marzo de 2026, rexistro de entrada 202699900000350.
SEGUNDO.- Someter a información pública o presente expediente administrativo por prazo de 2 meses a contar dende o día seguinte a data de publicación, de conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas -LPACAP-, para os efectos de que se poidan presentar as alegacións que se estimen procedentes. No caso de que non se presenten alegacións, o acordo inicialmente adoptado entenderase elevado a definitivo sen necesidade de acordo expreso polo pleno da corporación.
Acceso desde o Taboleiro de Anuncios
ao documento oficial publicado no BOP
Visor de camiños e vías municipais
do Concello de Carral
Descarga do PROXECTO COMPLETO
mediante Google Drive