PAPEQUES 2025

Do 29 de novembro ao 18 de decembro

Casa da Cultura / Edif. Social Toñito Espiñeira / Local Xente Nova

Entrada de balde ata completar a capacidade das salas, agás no Contacontos que se precisa reserva previa.

IMPORTANTE:

  • É necesario respectar as idades recomendadas.
  • As nenas e nenos deberán acudir sempre acompañados dun adulto, que deberá atender o bo desfrute e comportamento.
  • Prégase puntualidade. Nos espectáculos teatrais non se permitirá o acceso unha vez iniciada a función.
  • Aínda que sexan actividades para o especial goce da infancia, é responsabilidade dos adultos acompañantes vixiar que se manteña a conducta correcta e respectuosa co resto do público e cos artistas.
  • Os espectáculos están pensados para desfrutalos en familia. Por iso recomendamos aos adultos que tamén estean atentos para que sexa unha experiencia compartida.
  • É necesario desactivar sons e luces dos teléfonos móbiles para non distraer aos artistas e ao restante público.
  • E sobre todo, acompañádenos a pasar en familia un tempo de entretemento de calidade.

A RAMONA PEQUENA VAI Á LÚA

Pakolas

Sábado 29 de novembro – 18:00 h.

Edificio Social Toñito Espiñeira

MÚSICA E NARRACIÓN

Idades recomendadas: maiores de 2 anos

Duración: 50 minutos

Dirección e interpretación: Paco Cerdeira (Pakolas)

Sinopse:

A máquina do tempo leva a Ramona á súa infancia. Vivimos así unha nova aventura didáctica e rockeira rebordante de imaxinación e aprendizaxe. Corría o ano 1967 no Courel e Ramona contaba con 6 aniños. Era unha nena movida por constantes inquedanzas, cunha mente esperta e imaxinativa. Adoraba perderse entre as páxinas de Xulio Verne, «A volta ao mundo en 80 días», «20 mil leguas de viaxe submarino», «Viaxe ao centro da terra» e sobre todo un que lle espertaba a mais grande das curiosidades, «Da terra á lúa», que lía unha e outra e outra vez. A Lúa era para ela unha fonte imparable de preguntas sen resposta: que tipo de leiras habería nela? Poderíase cultivar na súa superficie? Habería auga? Viviría alguén aí? Saberían, ou polo menos entenderían o galego? Sería mais grande que o Sol?

UNA FAMILIA DE SUPERHÉROES

Xoves 4 de decembro – 18:00 h.

Casa da Cultura

CINE DE ANIMACIÓN

Idades recomendadas: maiores de 4 anos

Duración: 75 minutos

Idioma: castelán

Sinopse:

Hedvig ten 11 anos e encolleu o disfrace de superheroe do seu papá, polo que agora este xa non pode ser o “Super León”. A súa vida dá un envorco cando ten a oportunidade de asumir o papel de superheroína da cidade substituíndo ao seu pai. Só hai un problema: é torpe, preguiceira, non está moi en forma e interésalle máis xogar con videoxogos que ser unha superheroína. Pero cando o seu pai elixe o curmán Adrian para que sexa o próximo superheroe, Hedvig dáse conta que ten que reaccionar. Poderá atopar os seus superpoderes?

MONSTROS NO CAMIÑO

Teatro dos Gazafelhos

Venres 5 de decembro – 18:00 h.

Local Xente Nova de Tabeaio

TEATRO

Idades recomendadas: maiores de 6 anos

Duración: 60 minutos

Dirección: Pedro Pablo Patiño Peña

Elenco: Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho

Sinopse:

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar  os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos… Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia.

KYOKI

Elefante Elegante

Venres 11 de decembro – 12:00 h. (FUNCIÓN ESCOLAR)

Local Xente Nova de Tabeaio

TEATRO

Idades recomendadas: maiores de 5 anos

Duración: 50 minutos

Dirección: Gonçalo Guerreiro

Interpretación: María Torres

Manipulación de obxectos: Mario Rodríguez

Sinopse:

KYOKI é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais… Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés?

NANAI DA CHINA

Pérez & Fernández

“Premio María Casares ao Mellor Espectáculo de Monicreques”

Venres 12 de decembro – 18:00 h.

Local Xente Nova de Tabeaio

TEATRO DE MONICREQUES E ACTORES

Idades recomendadas: maiores de 5 anos

Duración: 45 minutos

Dirección: Victoria Pérez

Elenco: Manu Fernández e Victoria Pérez

Sinopse:

Nanay é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana desde que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que NON!, e axudar ao seu avó para cultivar o arroz máis delicioso a esta beira do Yangtsé, acompañada de Chis-Púm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente, Nanay e o seu avó elaboran un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería…

FAMILIAS DIVERSAS

Trinketrinke Teatro

Xoves 18 de decembro – 18:00 h.

Biblioteca – Casa da Cultura

CONTACONTOS TEATRALIZADO

Necesario reservar convites a partir do 15 de decembro.

Idades recomendadas: de 4 a 8 anos

Sinopse:

Os Ratos de Lonxedetodo volven como cada mes á Biblioteca de Carral para descubrir coas nenas e nenos que as familias non sempre son iguais pero que sempre son o mellor que temos.