AS GARDIÁS OU O NÓ DO TECELÁN

Teatro de Ningures

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 90 minutos

Autor: Nasser Djemaï

Dirección: Cristina Domínguez

Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Pepa Barreiro, Rebeca Montero e Sonia Rúa

Adaptación: Vanesa Sotelo

Deseño Escenografía e Vestiario: Carlos Alonso

Espazo Sonoro: Héctor Pazos

Deseño Iluminación: Héctor Pazos e Salvador del Río

Sinopse:

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se atopa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados a vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï , narra con sensibilidade a resistencia destas “gardiás” contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.


NEURA

De Ste Xeito Producións

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 75 minutos

Dramaturxia e dirección: Manuel Pombal

Elenco: Stephy Llaryora e Sergio Macías

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Deseño de iluminación: Jorge Ramos

Sinopse:

Neura é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas,  exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos. Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras.

Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se encontren fronte a fronte cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.


AS DAMAS DE FERROL

Teatro do Noroeste

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 80 minutos

Autor: Eduardo Alonso

Dirección: Clara Gayo

Elenco: Mónica Camaño e Casilda Alfaro

Escenografía e vestiario: Carlos Alonso

Música orixinal: Chefa Alonso

Deseño de iluminación: Eduardo Alonso

Produción: Eva Alonso

Sinopse:

As dúas personaxes que desenvolven a acción no escenario contan, entre discusión e discusión, retrincos das súas vidas, pero o que contan pode pertencer á realidade, acontecer, ou pode ser froito das súas enfermizas mentes. Como espectadores, nós nunca chegaremos a saber se é verdade ou fantasía. Para elas todo é realidade, as súas propias invencións fantásticas son máis reais que a propia realidade circundante.

No caso de que o que contan sexa verdade, acontecese, resulta patético e arrepiante. No caso de que o que contan sexa un invento froito do desvarío e da enfermidade, entón o que resulta patético e arrepiante son as propias personaxes, as súas mentes capaces de imaxinar tal acontecer.

As damas de Ferrol é unha comedia circular, ou mellor, en espiral onde a realidade e a fantasía debátense por ter a mesma carta de natureza, e seguramente a teñan.

A liña argumental avanza e retrocede, léase e desléase como un nobelo imaxinario e imposible de descifrar.


AS FORMAS DO AMOR

Verdeveras Expresións Artísticas

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 65 minutos

Autora: María Angeles Iglesias

Dirección: Gena Baamonde

Elenco: Sergio Zearreta e María Angeles Iglesias

Deseño sonoro e música orixinal: Tato López

Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas

Coproduce: Centro Dramático Galego

Sinopse:

Ela e el foron parella. Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo o poñen patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno armar. Logo dun tempo separados, tal vez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez. Unha viaxe polas emocións. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos “amor”.


TOLÓPTICA

Código Azul

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 80 minutos

Autor: Ismael G. Candal

Director: Xosé Leis

Elenco: Martin Espantoso, Marcos Fernández e Yoli Lorenzo

Dirección de arte: Naila Rodsuá

Sinopse:

Leo e Brais, dous empresarios da óptica Tolóptica, asisten á 23ª convención de Tolóptica, a cal vai entregar os premios ao mellor vendedor de primeira clase da empresa, entre outros. Leo é un axente distribuidor nato, puntual, pulcro e meticuloso pero á vez moi egocéntrico, mentres que Brais é máis despreocupado, tranquilo e sinxelo, un home que rebosa unha actitude risoña e empática alá por onde asoma. Leo chega con moita antelación ao evento e toma medidas do escenario para facerse unha idea de como se vai a levar a cabo a gala. Brais, atraído pola curiosidade das accións de Leo, decide acompañalo durante o evento.


O ÚNICO QUE VERDADEIRAMENTE QUIXEN TODA A VIDA É SER DELGADA

Butacazero

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 55 minutos

Autoría e interpretación: Esther F. Carrodeguas

Dirección: Xavier Castiñeira

Sonoplastia: Juanma LoDo

Sinopse :

Cunha sinceridade crúa, neste texto de auto[NON]ficción, Carrodeguas aborda a relación co seu corpo, marcada por la gordofobia que se respira en calquera pequena esquiniña desta nosa apaixonante sociedade da fermosura. Porque por moito que te agoches, a gordofobia segue sempre ao teu carón. Sobre todo porque está en ti.


CORTELLO DE AMOR

Amorodio Teatro

Idades recomendadas: maiores de 12 anos

Duración: 75 minutos

Dramaturxia: Laura Porto

Dirección: Marián Bañobre

Elenco: Carmen Facorro e Javier Castiñeira

Iluminación e escenografía: Violeta Martínez

Espazo sonoro: Grande Amore

Sinopse:

Jack e Rose, unha parella que ronda a trintena e que levan xuntos dende a adolescencia, van a un concerto do seu grupo favorito, Grande Amore, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta.  Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.

Durante esa noite no rocho, descobren que a súa paixón reavívase neste pequeno espazo. Encantados coas marabillas do faiado, teñen a idea de sacar uns cartos extra alugando a turistas o seu céntrico apartamento na zona vella dunha senlleira cidade galega, mentres eles aproveitan para pasar tempo no faiado, ao que chaman “niño de amor”, reconectando como parella.

Todo vai sobre rodas mentres os nosos protagonistas acumulan cartos e soños de futuro, pero a todo porco lle chega o seu San Martiño: coa fin do verán os ingresos baixan, a falta de espazo persoal ameaza con dinamitar a súa relación, a súa veciña anciá, dona Merchi parece disposta a facerlles a vida imposible, e o negocio de turismo porcino (un resort de natación con porcos nas Rías Altas) no que Jack investiu os cartos gañados, anúnciase un fracaso absoluto.

Jack e Rose veranse, entón, abocados a tratar de non afogar nun naufraxio que eles mesmos causaron. Terán que enfrontarse ao feito de que o seu niño de amor é un cortello, e todo o que fixeron, probablemente,  unha merda.


DESEXO

Talía Teatro

Especialmente recomendada para a mocidade (maiores de 12 anos)

Duración: 70 minutos

Autoría e dirección: Diego Rey

Elenco: Marta Ríos e Dani Trillo

Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro

Iluminación: Dani Trillo

Música orixinal: Manu Abraldes

Sinopse:

Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade…
Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú.
deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.


Para todos os públicos

Duración: 50 minutos

Dirección:Jorge Jiménez y Jesús Velasco

Interpretación: Jesús Velasco

Diseño de escenografía: Jesús Velasco

Escenografía: CruLe Produccións

Diseño de luces: Rafael Díaz Ramírez 

Diseño de vestuario: Alicia Tojo 

Pintura: Raquel Germade 

Costura de atrezzo: Lorena Mariño 

Arreglos sonoros: Javier Lemus Escudero 

Sinopse:

Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, logra sentirse acompañado e leva ao público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

Este espectáculo fusiona o circo co mundo das marionetas, creando imaxes e escenas que transportan ao espectador a un mundo surrealista e onírico.