
Do 2 de outubro ao 20 de novembro
Local Xente Nova de Tabeaio
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.
Prégase puntualidade. Unha vez iniciadas as funcións, non se permitirá o acceso á sala.
Esta programación conta coa participación da Deputación da Coruña (Rede Cultural e Outono das Artes)
Mofa e Befa (Producións Teatrais Excéntricas)

Idades recomendadas: maiores de 13 anos
Duración: 100 minutos
Xénero: comedia
Espectáculo inspirado na obra de Castelao
Dirección: Quico Cadaval
Dramaturxia: Varela & Cadaval
Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Josito Porto
Espazo Escénico e Lumínico: Baltasar Patiño
Indumentaria: Carlos Alonso
Dirección Musical: Bernardo Martínez
Dirección de Movemento: Marcos Orsi
Xefe Técnico: Octavio Mas
Construción de escenografía: Kukas & Pepe Quintela
Produción: Rubén G. Pedrero
Asistente de producción: Mon Serodio
Fotografía & Vídeo: Sonia García
Sinopse:
Moita xente, cando escoita a expresión “Os Dous de Sempre”, no primeiro que pensa é en Mofa e Befa. E a Castelao non lle parece mal. O duo cómico fundado hai trinta anos por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son parte do fecundo rio do humor galego que ten a sua fonte nos bufón e no escarño medievais, e ao que tamén pertence o humor de Castelao. Mofa e Befa pertencen á estirpe dos pallasos de circo, dos artistas do cinema mudo, dos canallas do cabaret. Agora decídense a encarnar duas personaxes de papel, concebidos por un humorista gráfico: Os Dous de Sempre.
Pedriño e Rañolas son contradictorios, extremos, antagónicos, polarizados…mais amigos. Un é o arriscado soñador (unha forma do idealismo) e o outro é un pancista pusilánime (unha forma do materialismo). Esta oposición entre corpo e alma, entre estómago e corazón aparece en outras parellas famosas, como Quixote e Sancho Panza, en Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros, de Risco. Pedriño e Rañolas entran neste selecto clube, unidos a unha manchea de pallasos anónimos, artistas populares que correron as festas e romarias e que Castelao admirou com compasivo humor.
Vasrir

Idades recomendadas: maiores de 14 anos
Duración: 70 minutos
Xénero: comedia musical
Elenco: Luis Iglesia, Paty Lesta e Cristian Leggiero
Sinopse:
No 2075 o cambio climático é unha realidade. Alén das repercusións que xa se supoñían, hai outras nas que ninguén puido reparar. Como nos afectará na relacións entre individuos, nas de parella, no noso carácter…?
Música en directo e moito humor, acompañamiento musical durante a obra para reflexionar… ou simplemente para rir.
Malasombra Producións

Idades recomendadas: maiores de 12 anos
Duración: 75 minutos
Xénero: comedia
Autor y director: Cándido Pazó
Elenco: Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal
Música original: Guille Fernández
Escenografía: Pablo Giraldez “O Pastor”
Vestiario: Diego Valeiras
Iluminación: Alfonso Castro
Técnico de Iluminación: Alberto Silva Casas
Técnico de Montaje: Pepe Castro
Sinopse:
En 1880, o bispo de Ourense denuncia a Curros Enríquez por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado. A partir destes feitos históricos, Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado lawfare, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade…) que seguen vixentes na actualidade.
Fulano, Mengano e Citano

Idades recomendadas: maiores de 12 anos
Duración: 70 minutos
Xénero: comedia
Autoría: Manuel Pombal Pérez. Manuel Botana e Suso Pando.
Dirección: Manuel Pombal
Intérpretes: Manuel Pombal, Suso Pando e Marcos Alonso
Escenografía: Manuel Botana
Disfraz: Ana Vázquez Gil
Iluminación: Manuel Pombal
Son: Suso Pando
Sinopse:
TOP MANTA cóntanos unha serie de historias actuais e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “cóctel” que nos fará estoupar coa risa. Divertidas imaxes de transición, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo. As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver. “TOP MANTA” un espectáculo para rir e rir e rir por non chorar, chorar, chorar… de risa, claro.
Empatía Teatro

Idades recomendadas: maiores de 12 anos
Duración: 65 minutos
Xénero: comedia dramática
Autoría: Duncan Macmillan
Tradución e dirección: Avelino González
Intérprete: Elisardo de la Cruz
Sinopse:
Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:
“Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.
Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir: 1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.
Deixa a lista na almofada de mamá co titulo “Todas esas cousas marabillosas”… Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.
Con moitos personaxes e moitas situacións, que se desenvolven ca axuda e a complicidade necesarias do público, constrúese esta peza tenra e emocionante sobre a depresión e ata onde chegamos pola xente a que amamos.
É unha peza tenra, emocionante e divertida.
É unha comedia sobre a depresión e o suicidio
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.
Artefeito Producións

Idades recomendadas: maiores de 12 anos
Duración: 60 minutos
Xénero: comedia
Dirección e interpretación: Fran Rei e Isabel Risco
Música orixinal: Jerry Noia
Vestiario e atrezzo: Isabel Risco
Fotografía e deseño cartel: Jerry Noia
Deseño fondo escenografía: Rocío Cibes
Responsable técnico: Abrahán Sand
Sinopse:
Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura.
Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.
Cinema Sticado

Idades recomendadas: a partir de 16 anos
Duración: 70 minutos
Xénero: comedia
Dirección e dramaturxia: Noemí Rodríguez
Intérprete: Helena Varela
Deseño de escenografía: Coti Faro
Deseño de iluminación: Laura Iturralde
Deseño de vestiario: As Dúas e Punto
Videos e espazo sonoro: Xosel Díez
Axudante de dirección: Darlene Rodríguez
Dirección de produción: Helena Varela
Técnicas en xira: As Dúas e Punto
Sinopse:
Oh, mammi blue comeza coas primeiras horas dun parto, as últimas dun embarazo e a sensación de que algo vai saír mal. A través dunha serie de incidentes e erros cos que a protagonista se compromete ata o final, asistiremos a un desenlace inesperado que cambiará a súa vida, e a dos que a rodean, para sempre. A través dunha posta en escena innovadora e visualmente impactante, a peza achéganos un testemuño único e luminoso sobre a perda, o trauma, o amor e a supervivencia. Oh, mammi blue é unha obra irreverente, máxica, profunda e lúcida. Un monólogo tráxico cargado de humor que desafiará as expectativas do espectador. Un relato fascinante no que se destapan tabús de xeito audaz e onde quedan reflectidas as dúbidas, a beleza, o terror e a culpa que acompañan a experiencia da maternidade. Unha obra cun dispositivo narrativo singularísimo que non deixará indiferente ao público.
BERENGUELA NA GAIOLA
Galeatro e Xarope Tulú

Idades recomendadas: maiores de 8 anos
Duración: 50 minutos
Xénero: comedia
Obra gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025
Dramaturxia e dirección: Paula Carballeira
Elenco: Atenea García, Alba Bermúdez e Tone Martínez
Escenografía e iluminación: Nicolás Zamorano
Espazo sonoro: Xavier Bértolo
Deseño de escenografía e vestiario: As dúas e punto
Caracterización: Lorena Calvo
Sinopse:
Nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando ‘Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela’, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.



