Festexos de Carral
Todas as parroquias celebran festexos na honra dos seus patróns. As festas principais de cada parroquia son as que relacionamos a continuación:
- Santa Isabel / Tabeaio / Xullo
- San Vicente / San Vicente de Vigo / Setembro
- Virxe do Socorro / Paleo / Setembro
- San Pedro / Setembro / Xuño
- Santa Mariña / Beira / Xullo
- San Xiao / Sergude / Setembro
- Virxe do Carme e S.Antonio / Cañas / Agosto
Ademais destas festas, tamén se celebran outras como as de Cabrois, As Travesas, San Pedro do Rubieiro, O San Martiño en tabeaio, Santa Baia en Cañás, San Estevo en Carral ou a Santa Rita en Beira. En todos estes casos, a organización dos diversos actos de cada festexo corre a cargo de comisións formadas por veciños e veciñas, que co único interese de promover a festa da sua parroquia adican múltiples esforzos nas tarefas de organización.
Hai que citar, como acto festivo de recoñecida admiración na comarca, a “Queima do Panteón”, que consiste nunha sesión de fogos de artificio na que se utiliza unha estrutura que simula o monumento dos Mártires. Esta edicción e a que pon fin cada ano ás Festas do Socorro.
A Festa do Pan é a máis recente e celébrase nos meses de maio ou xuño. Nun ambiente de xolda e diversión, os panadeiros Carraleses ofrecen o afamado Pan de Carral.
Romerias
- Santa Rita / Beira / 22 de Maio
- San pedro de Rubieiro / Sumio / Ultimo domingo de Xuño
- Romeria festa do Boi / As travesas / 17 de Xuño