EDIFICIOS MUNICIPAIS

Casa do Concello

A administracion pública local de Carral vai medrando segundo aumenta a poboación e o seu nivel de benestar. Así, o Concello de Carral dispón xa de múltiples servizos e instalacións públicas para atender as diversas necesidades da poboación.

A casa do Concello, construída na década dos 70, preside o Campo da Feira.

Casa da Cultura

Na rúa de Paleo atópase a Casa da Cultura, inagurada en 1996 e na que se acolle a Oficina de Información Xuvenil, a Biblioteca Municipal, a Sala de Exposicións, a Cancha de Tiro olímpico e o obradoiro de fotografía

Centro Municipal de Formación “Antón Fraguas”

O Centro Antón Fraguas consta de catro aulas:

Unha delas preparada para a ensinanza de informática, e un obradoiro dotado para aprendizaxe de Carpintería. Este centro acolle unha extensa programación de actividades, desde Cociña ou Debuxo e Pintura ata cursos de capacitación profesional

Edificio Toñito Espiñeira

Na rúa Manuel Méndez Búa encóntrase o Edificio Social Toñito Espiñeira que acolle as seguintes áreas:

  • Servicios sociais
  • Igualdade
  • Educación
  • Sanidade
  • Comercio
  • Turismo e emprego

Local Interxeracional

A instalación, situada na rúa Alcalde Juan Seijas, funciona como punto de encontro e como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

A dependencia conta con dúas plantas e con alternativas de lecer para os vecinos e veciñas de todas as idades. Deste xeito, o espazo dispón de televisións, xogos de mesa, futbolín, mesa de ping pong, etc. A maiores, hai unha sala con ordenadores e proxector para a realización de posibles cursos, obradoiros e para facer traballos. O piso de abaixo conta cunha sala de reunións que está á disposición das entidades e clubs que estean no Rexistro de Asociacións do Concello.

A instalación funciona de Luns a Venres de 16:30 a 19:30 horas.

Complexo deportivo

O complexo deportivo de Carral dispón de ximnasio, piscina exterior, pistas de pádel, pista de baloncesto, pista de fútbol e unha sala de actividades na que se realizan clases de zumba, yoga, step…