Lugares Turísticos do Concello de Carral
Carral é un municipio ideal para pasear e descubrir roteiros e lugares como os Muíños de Costa da Égoa, o Monte Xalo, o Val de Barcia a área recreativa da Brexa, o encoro Abegondo-Cecebre, a área recreativa do Marco das Eiras no Monte Xalo ou o campo da festa das Travesas polo que pasa o Camiño Inglés
Muíños de Costa da Égoa
Costa da Égoa é unha ruta de sendeirismo sinxela á beira do río polo concello de Carral. Ao longo da ruta, exploraremos o que se coñece como un ‘eco-museo’, composto por 14 muíños de auga e unha pequena central hidroeléctrica do século XVIII no río Abelleira.
O Val de Barcia
No Val de Barcia, o Barcés transcorre diagonalmente no territorio carralés. servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite co Concello de Abegondo.
O val é de gran riqueza agrícola e as panorámicas que ofrece son de inmellorable fermosura. Nel atopamos pazos, muíños, castros, capelas, igrexas…
Área recreativa de Cabrois
A Área recreativa de Cabrois conta con columpios e un banco para poder descansar e disfrutar ao aire libre.
Área recreativa do Marco das Eiras
Está no alto do monte, a uns 400 metros sobre o nivel do mar, nas ladeiras do monte Xalo. Trátase dun espazo con merendeiro baixo as árbores e unha pequena zona de xogos infantís.
Conta cun aparcadoiro e acceso por escaleiras na parte superior e outro acceso plano nun dos laterais. As mesas para comer son de pedra e teñen tellados vexetais.
Campo da festa das Travesas
Situase a carón da Capela de San Roque, da pista polideportiva e do campo da festa. No mesmo contorno atópase un invernadoiro municipal que se utiliza para impartir cursos agrícolas ou de xardineria.
A Brexa
A área recreativa da Brexa é un lugar ideal para pasar o día en familia. A zona conta con skatepark e cunha zona con mesas e bancos nos que mesmo poderás almorzar. Trátase dunha área situada ao carón do río Brexa ideal para pasar unha xornada tranquila e coa natureza como principal protagonista.
San Pedro de Rubieiro
San Pedro de Rubieiro conta cun merendeiro rodeado de natureza e varios anacos de historia como son a Fonte e a Capela de San Pedro de Rubieiro.


























