PATRIMONIO

  • Castros e Museo

Carral dispón dun interesante patrimonio cultural. Existen varios castros, sendo o de mais importancia o das Travesas, que é de gran extensión e que pola súa ubicación estratéxica e polos achádegos arqueolóxicos, supónselle unha gran importacia, tanto en época castrexa como romana. Este castro conta cun pequeno museo na Casa da Cultura

  • Mártires de Carral

No centro urbano de Carral contamos cun monumento que é probablemente polo que máis nos coñecen en Galicia, o dos Mártires de Carral. É un monumento inaugurado en 1904 para lembrar aos doce oficias liderados por Miguel Solís que foron fusilados en Carral por promover a Revolución Galega de 1846.

  • Igrexas

No eido relixioso, ademais das igrexas parroquiais, as que engadimos a de Paleo no cemiterio, salientar a capela de San Pedro de Rubieiro, no val de Barcia, da que xa existen datos en 1603.

  • PAZOS

Existen varios pazos, emprazados tamén no rico Val de Barcia. Son os pazos da Ribeira e Esperante na parroquia de Quembre, o das Cadeas en Beira e o pazo de Vilasuso en Sumio.

Este último é o mais significativo polos importantes persoeiros que residiron nel, como por exemplo Juan Francisco Santiso, fillo do fundador do pazo e gobernador xeral de Tucumán (Arxentina) que xogou un papel importante na conquista de América ; Juan de Santiso (Cabaleiro de Santiago e gobernador de Cádiz); Alonso de Moscoso(Chantre da catedral de Tui); José de Avellaneda Manrique e Santiso, Diego Osorio y Escobar (Bispo de Puebla de los Ángeles en nueva España (México) e tamén virrei de Nueva España e tamén Juan Queipo de Llano (Arcebispo de Chiarcas (actual Bolivia) entre outros.

  • Patrimonio industrial

Tamén merece unha mención o edificio da Traída de Augas de Cañás, no río Barcés, construída en 1908 para subministrar auga á Cidade da Coruña, sendo a segunda estación construida en España para subministrar auga potable á poboación, e que ainda segue en funcionamento.

Esta estación subministraba auga a toda a Cidade da Coruña e así o fixo ata o ano 1940, cando a elevada demanda obligou a contruir a da Telva en Cambre.