GASTRONOMIA
-
O pan de Carral
Carral é recoñecido pola excepcional calidade do seu pan. Mais de 20 panaderias manteñen unha antiga tradición artesanal que produce un pan de miolo esponxoso e codia crocante.
O coñecido como Pan de Carral é un “bolo de moño” ou “molete”, elaborado cunha alta proporción de trigo do pais, moído con pedras finas, amasado de xeito manual, e co fermeto de masas nais anteriores formadas. Antigamente usabanse os fornos quentados con leña. hoxe en día apenas perviven e utilizanse técnicas modernas, mais consérvase a calidade do producto final grazas á habilidade e segredo dos panadeiros carraleses.
O pan de Carral consta dos seguintes ingredientes: fariña de trigo, auga, sal, masa nai e fermento. A fariña de trigo utilizada é unha mistura de trigo galego con outros de fóra do país.
Na elaboración deste pan consta de catro fases:
- Amasado: Colocase a fariña na artesa ou na amasadora mecanica, engadindo auga, sal e fermento.
- Fermentación: Unha vez que se remata o amasado, déixase repousar a masa durante un tempo que non sexa superior as dúas horas.
- A división da masa: A masa divídese a man nas distintas pezas que se van a elaborar e deixase repousar de novo
- O enfornado: as pezas introdúcense no forno para cocelas e o tempo dependera do tamaño da peza.