O Concello de Carral informa que xa están dispoñibles as bases do Concurso de Decoración de Nadal, unha iniciativa destinada a fomentar o espírito navideño e recoñecer a creatividade da veciñanza e os comercios locais na decoración destas festas.

Prazo de inscrición: do 13 ao 16 de decembro

Desde o 13 de decembro, e ata o 16 de decembro as persoas interesadas en participar poderán inscribirse. A solicitude de inscrición (anexo I) pódese descargar aquí, na sede electrónica municipal ou recoller presencialmente na Casa da Cultura ou no Local Interxeracional.
Unha vez cuberta e asinada a solicitude, xunto coa documentación, poderase presentar a través da sede electrónica do Concello ou presencialmente no rexistro municipal.
Prazo de presentación de fotografías e vídeos: do 13 ao 19 de decembro
As persoas participantes deberán enviar 4 fotografías e/ou un vídeo que mostre a decoración realizada no domicilio ao email omix@carral.es. Poderán enviar o material do 13 ao 19 de decembro.

Para máis información, as persoas interesadas poden tamén poñerse en contacto coas oficinas municipais.

Bases concurso Decoración de Vivendas e comercios e impreso de solicitude

Anexo-I.-Concurso-decoracion-vivendas-e-comercios-Nadal-2024-Concello-de-Carral