O servizo de obras encárgase do mantemento e a realización de tódalas obras municipais nos seus propios bens, a conservación e mantemento das infraestruturas municipais (colexios, zonas verdes,..) e a xestión e control da limpeza viaria e o alumeado público. Por outro lado o servizo de urbanismo encárgase das autorizacións e trámites urbanísticos
Trámites que se poden realizar na área
- Solicitude de puntos de luz e necesidade de investimentos de utilidade pública en espazos públicos.
- Solicitude de arranxos de desperfectos.
- Comunicación de incidencias en xeral en espazos públicos.
- Licencias de obra.
- Comunicacións previas/licencias urbanísticas.
- Certificados urbanísticos.
- Tramitación de actividades.
Horario de atención
Luns a venres de 8:30 a 15:00 horas.
Forma e datos de contacto
Concello de Carral
- Teléfono: 981 67 00 02
- Fax: 981672282
- Mail: correo@carral.es
Necesidades de cita previa: non.