EDIFICIOS MUNICIPAIS

  • Casa do Concello:

A administracion pública local de Carral vai medrando segundo aumenta a poboacion e o seu nivel de benestar. Asi, o Concello de Carral dispón xa de multiples servizos e instalacións públicas para antender as diversas necesidades da poboación

A casa do Concello, construida na decada dos 70, preside o Campo da Feira.

  • Casa da Cultura

Na rua de Paleo atópase a Casa da Cultura, inagurada en 1996 e na que se acolle a Oficina de Información Xuvenil, a Biblioteca Municipal, aSala de Exposicións, a Cancha de Tiro olimpico e o obradoiro de fotografia

  • Centro Municipal de Formacion “Anton Fraguas”

Consta de catro aulas:

Unha delas preparada para a ensinanza de informatica, e un obradoiro dotado para a parendizaxe de Carpinteria. Este centro acolle unha extensa programación de actividades, desde Cociña ou Debuxo e Pintura ata cursos de capacitacion profesional

  • Edificio Toñito Espiñeira

Na rúa Manuel Méndez Búa emprazase o Edificio Toñito Espiñeira que acolle as seguintes areas:

-Servicios sociais

-Igualdade

-Educación

-Sanidade

-Comercio

-Turismo e emprego

  • Local Interxeracional

A instalación, situada na rúa Alcalde Juan Seijas, funciona como punto de encontro e como lugar de convivencia entre a mocidade e as persoas maiores do municipio.

A dependencia conta con dúas plantas e con alternativas de lecer para os vecinos e veciñas de todas as idades. Deste xeito, o espazo dispón de televisións, xogos de mesa, futbolín, mesa de ping pong, etc. A maiores, hai unha sala con ordenadores e proxector para a realización de posibles cursos, obradoiros e para facer traballos. O piso de abaixo conta cunha sala de reunións que está á disposición das entidades e clubs que estean no Rexistro de Asociacións do concello.

A instalación funciona de Luns a Venres de 16:30 a 20:30 horas.

  • Complexo deportivo

O complexo deportivo de Carral dispón de ximnasio, piscina exterior, pistas de padel, pista de baloncesto e futbol e unha sala de actividades na que se realizan clases de Zumba, yoga, natación, step y otras…