FESTEXOS
Todas as parroquias celebran festexos na honra dos seus patróns. As festas principais de cada parroquia son as que relacionamos a continuación:
- Xullo:
- Santa Isabel / Tabeaio
- Santa Mariña / Beira
- Santiago Apóstol / Sumio
- Agosto:
- Virxe do Carme / Cañas
- Setembro:
- San Vicente / San Vicente de Vigo
- San Xiao / Sergude
- Virxe do Socorro / Paleo
ROMERÍAS
- 22 de Maio
- Santa Rita / Beira
- Último domingo de Xuño
- San pedro de Rubieiro / Sumio
- 17 de Xuño
- Romeria festa do Boi / As travesas /
Ademais destas festas, tamén se celebran outras como as de Cabrois, As Travesas, O San Martiño en Tabeaio, Santa Baia en Cañás, San Estevo en Carral… En todos estes casos, a organización dos diversos actos de cada festexo corre a cargo de comisións formadas por veciños e veciñas, que co único interese de promover a festa da sua parroquia adican múltiples esforzos nas tarefas de organización.
Hai que citar, como acto festivo de recoñecida admiración na comarca, a “Queima do Panteón”, que consiste nunha sesión de fogos de artificio na que se utiliza unha estrutura que simula o monumento dos Mártires. Esta edicción e a que pon fin cada ano ás Festas do Socorro.








