Xeografía
Dentro do municipio atopámonos con dous vales que acollen os ríos Barcés e Brexa. Ambos os dous son afluentes da marxe esquerda do Mero. O río Brexa penetra en Carral polo seu extremo N.O. cruzándoo en dirección noroeste-nordeste e formando o val situado entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral.
O río Barcés forma unha das paisaxes máis fermosas do concello: o Val de Barcia. O Barcés transcorre diagonalmente no territorio carralés, servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite co concello de Abegondo. O val que o acolle é de gran riqueza agrícola e as panorámicas que ofrece son de inmellorable fermosura.
Unha das ladeiras que forman o Val de Barcia é a do Monte Xalo, outros dos elementos xeográficos significativos do municipio.
É un monte forestal, con eucaliptos e piñeiros, onde se atopa a urbanizacion do mesmo nome e onde se asentan algunhas granxas de ovellas, vacas e visóns.
O Monte Xalo compártese cos municipios de Culleredo e Cerceda.
A altura media do municipio sobre o nivel do mar é de 224 mts e as principais alturas do Xalo son San Bartolomé con 459 mts de altitude, nas Travesas, con 458 mts e o monte Castro de Ameás con 210 mts.
Enderezo:
Praza Campo da Feira, 1
15175 Carral
A Coruña
Enderezo Electrónico:
correo@carral.es
Teléfonos de Contacto:
Concello: 981670002
Casa da cultura: 981672580
Toñito Espiñeira: 981613520
Policía local: 689544311 / 981670002
Garda Civil: 981670203
Centro de saúde: 981672186






