![13510892_1764328503807469_558299649408070600_n](http://carral.es/es/wp-content/uploads/sites/2/2016/07/13510892_1764328503807469_558299649408070600_n-300x200.jpg)
![13581898_1764329863807333_2647674911944803518_o](http://carral.es/es/wp-content/uploads/sites/2/2016/07/13581898_1764329863807333_2647674911944803518_o-300x212.jpg)
No DOG de hoxe 16 de xuño de 2016 publícase a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncian, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega 2, 3 e 4. #Celga
Os cursos impartiranse en:
– Betanzos: Celga 4
– Carballo: Celga 4
– Cedeira: Celga 3
– Cee: Celga 2
– A Coruña: Celga 4
– Fene: Celga 3
– Oleiros: Celga 4
– Padrón: Celga 3
– Vimianzo: Celga 2
Máis información no servizo de Normalización Lingüística do Concello.
ÚLTIMAS PRAZAS PARA A EXCURSIÓN DO SÁBADO 25 DE XUÑO AS PALLOZAS DE BALBOA.
EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA 981613520
Pincha para desplegar cartel balboa
A Concellería de Educación organiza para o mes de xullo a Escola de Verán 2016 Gozar do tempo libre para nenos e nenas de 3 a 17 anos.
Unha vez que rematan as clases chega o momento de desfrutar do verán. Nesta actividade os máis pequenos realizarán actividades deportivas, obradoiros creativos, actividades de educación ambiental, de educación vial, xogos e moito máis.
O lugar de realización das actividades será no Pabellón O Espiño, o Centro de formación Antón Fraguas, Casa da Cultura e pistas deportivas ao aire libre.
As datas de realización son dende o 4 de xullo ata o 30 de xullo que se remata coa Festa da familia durante todo o día e aberto a todo público.
De luns a venres o horario de entrada pode ser dende as 8.30 ata as 9.45 según necesidades de conciliación familiar e laboral. Alargaranse as actividades ata as duas da tarde.
Prezo:70€
Prazo inscrición: 28 de xuño
Reunión informativa con inscritos: 1 xullo 20.30 no Edificio Toñito Espiñeira
PRAZAS LIMITADAS
Máis información en Educación 981613520
ÚLTIMAS PLAZAS PARA EXCURSIÓN DEL SÁBADO 25 DE JUNIO A LAS PALLOZAS DE BALBOA
EDIFICIO SOCIAL TOÑITO ESPIÑEIRA 981613520
Pincha para desplegar cartel balboa
La Concejalía de Educación organiza para el mes de julio la Escuela de Verano 2016 Gozar do tempo libre para niños y niñas de 3 a 17 años.
Una vez que acaban las clases llega el momento de disfrutar del verano. En esta actividad los más pequeños realizarán actividades deportivas, talleres creativos, actividades de educación ambiental, de educación vial, juegos y mucho más.
El lugar de realización de las actividades será en el Pabellón O Espiño, el Centro de formación Antón Fraguas, Casa de la Cultura y pistas deportivas al aire libre.
Las fechas de realización son desde el 4 de juliio hasta el 30 de julio que se acaba con la Fiesta de la familia durante todo el día y abierto a todo público.
De lunes a viernes el horario de entrada puede ser desde las 8.30 hasta las 9.45 según necesidades de conciliación familiar y laboral. Se alargarán las actividades hasta las dos de la tarde.
Precio:70€
Plazo inscripción: 28 de junio
Reunión informativa con inscritos: 1 julio 20.30 en el Edificio Toñito Espiñeira
PLAZAS LIMITADAS
Más información en Educación 981613520
O verán pasado, máis de 200 nenos e nenas participaron nestes cursos entre os meses de xullo e agosto. Read more
A pintora Chechela (Mª José García Martín) exporá unhas vinte obras no edificio social Toñito Espiñeira ata o 30 de xuño.
Natural de Mugardos, Chechela é unha artista autodidacta que centra a súa produción pictórica no óleo sobre lienzo. As súas creacións nacen da necesidade de transmitir as sensacións que sinte dun xeito espontáneo cando ten o lenzo branco diante dela. Busca que cada cadro transmita a quen o mira as mesmas sensacións que ela sentiu cando o pintou.
As obras de Chechela son habituais en diversos certames galegos, obtendo o segundo premio no concurso de Pintura Cidade de Narón. Tamén ten realizado varias exposicións, sendo habituais nas principais salas da comarca de Ferrol.
E exposición de óleos de Chechela está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Carral.
Concello: 981670002
Policía local: 689544311 / 981670002
Protección civil: 112
Casa da cultura/bibliotecas: 981672580
Edif. Social Toñito Espiñeira: 981613520
Centro de saúde:981672186