Carral é recoñecido pola excepcional calidade do seu pan. Máis de 20 panaderías manteñen unha antiga tradición, que producen de forma artesanal e tradicional un pan de miga esponxosa e codia crocante, ambos con sabor característico a trigo.
O pan de Carral, produto artesanal elaborado de forma tradicional alcanza importancia por distintos factores: pola calidade dos cereais cos que se elabora (que históricamente procedían dos fértiles chans do Val de Barcia que sempre deron produtos de gran calidade grazas á presenza do río e o seu clima) e a forma de elaboración do Pan. Aínda que tamén hai que resaltar a importancia da situación de Carral, entre cidades importantes onde a compra-venda de produtos agroalimentarios era maior.
En canto á forma de elaboración do Pan de Carral, de forma artesanal e tradicional, caracterizouse dende sempre por ser amasado de forma manual e con trigo do país ou con pouca mestura do de fóra. Tamén é importante que os cereais sexan moídos con pedras finas que dan unha fariña tamén fina e mesturada cun fermento que podía ser masa nai das anteriores fornadas ou unha propia que se facía con fariña de trigo. Neste proceso tamén é importante a cocción, que antigamente caracterizábase por realizarse en fornos de leña (familiares ou comunais) e que dan unha calidade especial ó pan.
O amasado e os fornos, afectados polos avances tecnolóxicos fixeron desaparecer os rústicos xeitos de facer o pan, pero, sustituíndoas por formas semellantes que fan conservar a calidade típica grazas ás habilidades e segredos dos panadeiros carraleses.
O coñecido como Pan de Carral é un “bolo de moño” ou *molete”. O Pan de Carral é dos de maior recoñecemento, tanto en Galicia como en moitas partes de España. De feito, a diario embarcan algunhas pezas de pan en avións que se dirixen a Madrid ou Barcelona, para que restaurantes de primeira calidade llo poidan ofrecer ós seus clientes.
A maior parte da produción distribúese polo municipio, na cidade da Coruña, e pola bisbarra das Mariñas.
Empanada de Carral, outra estrela da gastronomía local
A empanada é outro produto estrela da gastronomía local. Con masas elaboradas co mesmo consinto que o pan, e con recheos procedentes do mar (atún, bacallao, berberechos, zamburiña, polbo …) ou do campo (carne de tenreira, polo …), perseguindo sempre a máxima calidade dos ingredientes, as panaderías de Carral venden centos de quilos de empanada cada semana.
Tanto o pan como a empanada de Carral protagonizan a súa festa gastronómica: a do pan no mes de maio, e a da empanada no mes de setembro de cada ano.
Leave a Reply
Want to join the discussion?Feel free to contribute!