Situación
O municipio de Carral situase na parte centro-norte da comarca setentrional da provincia da Coruña. Pertence á diócese de Santiago de Compostela e ao partido xudicial da Coruña.
Esta incluído dentro da comarca da Coruña, que agrupa, ademais de Carral, aos municipios da Coruña, Oleiros, Cambre, Sada, Bergondo, Arteixo, Abegondo, Culleredo. Tamén está integrado na Mancomunidade de Municipios da Coruña, que agrupa aos anteriores agás A Coruña, e inclúe ao municipio de Betanzos. Pode considerarse Carral como o ultimo concello que ainda esta dentro da área de influencia laboral, comercial e social da cidade da Coruña.
Carral ocupa unha superficie de 48km², que é o 0,6% da provincia. Linda cos municipios de Cambre (norte), Ordes (sur), Cerceda (oeste), Abegondo (este) e Culleredo (noroeste).