Nesta parroquia podemos atopar a Igrexa de San Xiao de Sergude, xa se ten coñecemento na Idade Media. Aquel edificio foi sustituido polo templo que coñecemos hoxe. Tan so a súa fachada e campanario se conservan de pedra.
Diante da igrexa atopamonos con un cruceiro con mesa de ofrendas. O cruceiro está fabricado en formigón, e dispón no seu varal da representación dunha escaleira, un martelo, unha tenaza e un cómpas. O cruceiro está rematado por un lado co Cristo crucificado e polo outro cao Virxe en situación de oración.