25N DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Concello e o Ies de Carral con motivo do día Internacional para a eliminación da violencia de xénero co alumnado de 2º da ESO, realizou unha marcha dende o centro ata o Concello. Crearon haikus(poemas breves que plasman a traxedia de xeito profundo) contra a violencia de xénero e a saídado centro foi as 13.15 e volta ás 14.00 do campo da feira. Realizaron tamén un mannequinn challenge (poses mirando comose foran maniquies conxelados na postura en protesta das accións violentas neste caso)
Foron acompañados de profesorado, proteccion civil e persoal do concello que repartiu 250 bragas polares co lema Ni una menos. Esta actividade está encadrada no programa de Educando en valores do Concello de Carral.