A BIBLIOTECA MUNICIPAL CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Esta data, escollida pola Real Academia Galega, coincide coa publicación, en 1863, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.

Máis que nunca queremos celebrar o día das nosas letras e unha boa maneira de facelo é achegar ós lectores libros na nosa lingua.

Na Casa do Concello, no edificio social Toñito Espiñeira ou na Casa da Cultura está á disposición dos veciños unha selección de obras en galego como agasallo e como homenaxe ós nosos autores.