A BIBLIOTECA MUNICIPAL RETOMA A SÚA ACTIVIDADE CO SERVIZO DE PRÉSTAMO
A Biblioteca municipal da Casa da Cultura retoma a súa actividade a partir do luns 8 de xuño. Farao co servizo de préstamo que se realizará coas seguintes premisas:
Servizo de préstamo (só na biblioteca da Casa da Cultura):
- Realizarase con cita previa chamando ao 981 672 580 entre as 8:30 e as 14:00 h. de luns a venres.
- O horario para a entrega de libros previamente solicitados será entre as 10:30 e as 13:30 h. de luns a venres.
- A devolución de exemplares pódese facer no buzón externo da Casa da Cultura a calquera hora.
- Para a consulta de dispoñibilidade e reserva dos libros desexados, accederase ao catálogo en liña a través da páxina web https://rbgalicia.xunta.gal/es/biblioteca-publica-municipal-de-carral.
- En caso de problemas para o acceso en liña ao catálogo, as persoas interesadas poderán consultar a dispoñibilidade telefonicamente ou no correo biblioteca@carral.es indicando o título e autor/a do libro ou título do audiovisual.
- Pódense solicitar tamén libros e audiovisuais dispoñibles do catálogo infantil.
- Servizos NON dispoñibles:
- Visita á biblioteca infantil
- Lectura na sala
- Consulta presencial do fondo
- Uso dos ordenadores públicos
Observacións e normas xerais:
- Se ten síntomas ou está diagnosticado de Covid-19, non acuda á biblioteca.
- O servizo de préstamo bibliotecario realizarase no mostrador da recepción da Casa da Cultura.
- Só se permite a presenza no interior da Casa da Cultura dunha persoa.
- A Casa da Cultura permanecerá pechada para os restantes servizos que habitualmente presta.
- As persoas con cita previa non serán atendidas antes da hora fixada, e deberán agardar no exterior da Casa da Cultura a que sexan convidadas a acceder ao interior. Mentres agardan, respectarán a distancia de seguridade interpersoal.
- Para a recollida de libros será necesario presentar o carné da biblioteca.
- Recoméndase que acudan en solitario á biblioteca.
- Os menores de 14 anos acudirán acompañados dun adulto responsable.
- É obrigatorio o uso de máscara de seguridade.
- Recoméndase limpar as mans con hidroxel tanto ao acceder como ao abandonar a Casa da Cultura.
- Non se poderá facer uso dos aseos.
- Permaneza nas dependencias o tempo exclusivamente necesario para o trámite do préstamo.
- Siga en todo momento as indicacións do persoal.
Segundo avance o proceso de desescalada das medidas protectoras contra o Covid-19, o Concello de Carral irá recuperando servizos da biblioteca que se irán comunicando con antelación.