ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA CAMPAÑA DE ESQUÍ 2022 DA DEPUTACIÓN

O Concello de Carral ten adxudicadas 6 prazas para a Campaña de Esquí 2022.

O concello de Carral vén de abrir o prazo de inscrición para a Campaña de Esquí 2022, que terá lugar (para os carraleses/ as) entre o 4 e o 7 de febreiro e no que polo menos 6 mozos/ as de Carral (de 12 a 15 anos), poderán acudir á estación invernal Valgrande- Pajares para aprender a esquiar e gozar da neve. A viaxe está incluído na Campaña de Esquí 2022 que organiza a Deputación da Coruña, na que nenos/ as da provincia achéganse e coñecen este deporte de inverno durante uns días.

O prezo da viaxe total da viaxe é de 85 €, que inclúen o transporte, estadía e manutención, clases de esquí, monitores, seguros, alugueiro do material, forfait, etc.

O prazo de inscrición nas dependencias municipais termina o próximo 14 de decembro ás 14.00 h. De superarse as 6 prazas que a Deputación adxudicou ao municipio carralés, realizarase un sorteo público que tería lugar o próximo 16 de decembro, ás 10.00 h no salón de plenos do Concello.

Para todos aqueles interesados, poden informarse na Casa da Cultura de Carral, no 981.67.25.80 ou en deportes@carral.es.

 

BOLETÍN DE INSCRICIÓN