AMPLIACIÓN DO PRAZO DE INFORMACIÓN PÚBLICA DO PXOM
O 1 de xullo de 2016 o Pleno do Concello de Carral decidiu ampliar por un mes o prazo de información pública do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
Por iso, dende mañá 3 de agosto ata o 3 de setembro de 2016, o documento atoparase novamente exposto ao público nas oficinas municipais coa atención dun profesional do equipo redactor.