APROL RURAL 2021: PROPOSTA EMITIDA POLO TRIBUNAL DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DUN OPERARIO DE LIMPEZA DE MONTES E TAREFAS DE SILVICULTURA
Publícase a acta do tribunal de selección de persoal coa proposta ao Sr. alcalde do aspirante con maior puntuación para cubrir o posto de operario de limpeza de montes e tarefas de silvicultura ao amparo da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento do emprego no medio rural ( Aprol rural 2021).
Dada a urxencia da contratación outórgaselles a todos os interesados un prazo dun día (29 de xullo de 2021) para reclamacións ou alegacións segundo o establecido no punto sétimo das bases que rexen esta contratación.