Entries by ADL Carmen

I CAMPIONATO DE AGILITY “COUSADECANS”

O 20 e 21 de xuño terá lugar en Carral o 1º Campionato de Agility “CousadeCans”, proba puntuable para o Campionato de España 2016 de RSCE, que contará ademais coa presenza do xuíz internacional Domingos Carneiro (Portugal). Esta proba está organizada polo club de agility CousadeCans, coa colaboración do Concello de Carral.  

A CONCELLERÍA DE CULTURA PUBLICA UNHA GUÍA DOS CRUCEIROS DE CARRAL

A Concellería de Cultura do Concello de Carral, en colaboración coa Universidade de Santiago, ven de publicar na páxina web municipal unha guía sobre os cruceiros de Carral. A guía, elaborada por Guillermo Alcalde Souto, Pablo Mosquera García e Carlos Lorenzo Pérez, ofrece información dos cruceiros de Tabeaio, Sergude, Cañás, os dous de San Vicente […]

PRESÉNTASE UN NOVO LIBRO CON 300 FOTOS ANTIGAS DE CARRAL

O Concello de Carral presentará o libro Fotos para as mil historias de Carral que recompila unhas 300 imaxes antigas do municipio e que formaron parte das exposicións itinerantes do mesmo nome. O acto terá lugar o sábado 6 de xuño, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h. Nel intervirán o alcalde, José Luis […]

CULTURA OFRECE UN CAMPAMENTO ARTÍSTICO PARA MOZOS DE 12 A 16 ANOS

A Concellería de Cultura do Concello de Carral pon en marcha o campamento de tipo urbano chamado Soña, vive, crea! que ten por obxectivo fomentar a capacidade creativa dos participantes, aprendendo as principais técnicas dalgunhas disciplinas de creación cultural. As características da actividade son: Datas: do 6 ao 17 de xullo Horario: de 10:00 a […]

“LOBO BOBO”, UN NOVO CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O vindeiro xoves 21 de maio, na Biblioteca Pública Municipal, a compañía Elefante Elegante presentará “Lobo Bobo”, un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos, para escoitar as súas historias. Destinado ó público infantil a partir de 3 anos. Será […]