Entries by ADL Carmen

EVA VEIGA GAÑA O CERTAME DE POESÍA “CONCELLO DE CARRAL”

Eva Veiga, coa súa obra Soño e vértice resultou gañadora do Concurso de Poesía “Concello de Carral” do presente ano. O xurado escolleu esta obra pola intensidade simbólica da súa proposta poética, unida ao cultivo extremo dunha lírica que mantén en todo momento unha tensión entre o real e o onírico. Eva Veiga (1961. Ombre-Pontedeume) […]

COMUNICADO EN RELACIÓN Á CESIÓN DE ESPAZOS MUNICIPAIS ÁS FORMACIÓNS POLÍTICAS

  O Concello de Carral desexa comunicar que ante a acusación verquida no día de hoxe de que denega o uso dun local municipal para a realización dunha asemblea aberta de cidadáns, ningún membro do Goberno municipal nin empregados desta administración comunicou negación algunha ás solicitudes de locais ás formacións políticas que as tramitaron formalmente. […]

CULTURA PRESENTA UNHA EXPOSICIÓN DA SÚA ESCOLA DE TAPICES

A Concellería de Cultura organiza unha exposición da súa Escola de Teares e Tapices, con traballos confeccionados no actual curso. Na exposición presentaranse unha vintena de obras con diversas técnicas que se foron perfeccionando ao longo do curso que imparte a profesora Josefina Sedes. A mostra abrirá ao público entre o 6 e o 15 […]

CARRAL ACOLLE A XVI EXHIBICIÓN DE PATINAXE

O pavillón municipal de Carral acolleu o domingo 12 de abril, unha nova edición da Exhibición Municipal de Patinaxe Artística. Este acto organizado polo Concello de Carral e o club de patinaxe “Alquimia”, deu comezo ás 17.05 h para rematar sobre as 18.45 h. Nesta cita deportiva, puidemos contar coa presenza de 9 clubs de […]