AXUDAS AUTONÓMICAS AO ALUGUEIRO

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou no DOG do 30 de decembro de 2015 axudas para o alugueiro social. O prazo rematará o 30 de novembro de 2016 ou cando se esgote o orzamento destinado a este fin.

Así mesmo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo tamén publicitou axudas para o alugueiro a persoas afectadas por execucións hipotecarias ou que teñan alugadas vivendas inscritas no programa Aluga.

Para máis información diríxanse ao servizo de Medio Ambiente do Concello ou no 981670002.